martes, 23 de enero de 2024

Axudas de préstamos do IGAPE para empresas

Préstamos con tipos e vencimientos bonificados

Esta liña de financiación do IGAPE ten por finalidade facilitar o acceso ó crédito a empresas a través de duas liñas:

Reaval Crecemento: Favorecer o acceso a préstamos a largo plazo para financiar inversións productivas e/o do circulante estructural.

Reaval Garantías: Favorecer a capacidad para otorgar garantías frente a terceiros, na modalidade de avais financeiros para garantizar obligaciones derivadas de contratos de tráfico comercial, avais non financeiros ante terceros e avais vinculados a licitacións internacionais.

A quen se destina?

Pequenas e medianas empresas que realicen una iniciativa empresarial nun centro de traballo en Galicia.

As pequeñas e medianas empresas poderán ser personas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de personas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas


Cal é a cuantía da axuda?

As condicións varían por cada liña incluindo tipos de interés bonificados, financiación de préstamos avalados de 3.000 € ata 1.000.000 € e con prazos de vencimiento de 3 a 15 anos con hasta 2 de carencia.

Prazo de presentación: Aberto, ata o 30 de setembro do 2024.

Máis información:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IG535A

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioO92-281123-0001_gl.html 

 

lunes, 22 de enero de 2024

Axudas para a mocidade para a obtención dos permisos de condución

ORDE do 31 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D á mocidade galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento BS321A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0657-030124-0001_gl.pdf 

Convocatoria de probas de libre para a obtención do título de bacherel e para o acceso a ciclos formativos

 ORDE do 21 de diciembre de 2023 pola que se regulan as probas de acceso a ciclos formativos de grado medio e de grado superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para el ano 2024 (códigos de procedimiento ED312C y ED312D).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240108/AnuncioG0655-221223-0002_es.pdf

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0655-050124-0002_gl.html

Programa Nova oportunidade, para persoas que fosen autónomos/-as e queiran volver a emprender

ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR790A).

Persoas beneficiarias e requisitos

Serán beneficiarias destas axudas persoas autónomas que queiren volver emprender de novo:

1. Persoas que teñan sido autónomas con anterioridade e que queren volver emprender:

Serán beneficiarias das axudas as persoas que se dean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de 2024, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de 2024.

b) Ter a última alta en RETA antes desta nova, dentro dos tres últimos anos desde a data de publicación desta orde.

b) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

c) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral.

d) Transcorrer un período mínimo de seis meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

e) Ter o domicilio fiscal nalgún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

f) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

 

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e non con anterioridade ao período subvencionable.

 

3. Quedan excluídas das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras autónomas que xa foran beneficiarias con anterioridade desta axuda (TR790A), así como as persoas traballadoras autónomas membros de entidades de economía social e as persoas autónomas administradoras que non acrediten participación na empresa ou negocio. Tamén quedan excluídas as persoas autónomas colaboradoras e os membros das sociedades mercantís e sociedades laborais.

Prazo de presentación de solicitudes: iníciase o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 31 de outubro de 2024.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioG0656-291223-0008_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR790A&ano=2024&numpub=1&lang=es


Axudas para investimentos para persoas autónomas. Programa do bono autónomo

Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (TR341Q). Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. DOGA DO 22 DE XANEIRO DE 2024

Persoas Beneficiarias:

-      Persoas autónomas de Galicia de alta no RETA ou mutualidade, con domicilio fiscal en Galicia, e antigüedade ininterrumpida no mesmo superior a 42 meses, que ademáis acaden un rendemento neto reducido anual inferior a 50.000 euros e facturación mínima anual de 12.000 euros IVE incluído, todo isto declarado no ano 2022.

-      Sociedades de calquera clase e comunidades de bens que teñan unha persoa autónoma societaria con antigüedade ininterrumpida na actividade superior a 42 meses e que non fose beneficiaria dita sociedade de ningunha axuda nalgunha das cinco últimas convocatorias, cuxa empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) na declaración do ano 2022, e cuxa base impoñible no imposto de sociedades referida ao ano 2022 sexa inferior a 50.000 euros.

 Excluídos:

-      As persoas ou sociedades que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas nalgunha das cinco últimas convocatorias (2019 a 2023 ambas inclusive).

-      As persoas autónomas colaboradoras e os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas e que non teñen a condición de traballadores por conta allea.

-      As persoas autónomas administradoras, salvo que formen parte da sociedade nun porcentaxe superior ao 25% das suas participacións ou do 33% do capital.

Importe: 60% do custo das actividades subvencionables, cun límite máximo de 7.000 euros.

 Os investimentos subvencionables son:

-      Compra de maquinaria

-      Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

-      Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

-      Compra de utensilios e ferramentas.

-      Reforma do local de negocio.

-      Equipamento informático.

-      Equipamento de oficina e/ou negocio.

-      Rótulos

-      Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.

-      Deseño de marca.


Serán subvencionables os gastos realizados dede o 1 de xaneiro de 2024 e ata a data da solicitude da axuda, efectivamente xustificados, mediante facturas emitidas no período subvencionable e documentos bancarios acreditativos do pago.

Existe a obriga de manter os bens un período mínimo de dous anos, ou cinco si son bens inscritibles nun rexistro público.

 A persoa beneficiaria deberá xustificar a aplicación dos fondos mediante a presentación das facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, onde se indentifiquen de xeito claro as características e o custo do investimento. As facturas que se presenten deberán ser por importe mínimo de 100 euros (IVE excluído), e no caso de reforma de locais, deberasé aportar unha foto de antes e outra de despois da realización das obras.

Prazo e lugar presentación solicitudes: iniciase o día 29/01/2024 e finaliza o 30 de setembro de 2024 ou ata o esgotamento do crédito. A presentación debe ser obrigatoriamente por medios electrónicos e a orde de resolución é por orde de entrada con expediente completo.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando nos seguintes enlaces: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioG0656-291223-0006_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q&ano=2024&numpub=1&lang=gl



 


viernes, 19 de enero de 2024

Acta selección dun/dunha axente TIC, para a aula CeMIT do concello do Vicedo

Publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección para o nomeamento como funcionario interino, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TICa xornada parcial (20 horas/semana), para a aula CEMIT https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Axudas a empresas para contratación e formación

 Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR342C).

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas en situación o riesgo de exclusión social

A liña de incentivos á contratación por conta allea que inclúe catro modalidades de axudas:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 26 de xaneiro de 2024 e rematará o 29 de setembro de 2024.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando nos seguintes enlaces: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240119/AnuncioG0656-030124-0006_gl.html