Engaden un novo epígrafe válido para darse de alta como establecemento adherido para o do bono peixe.
Consultar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250721/AnuncioG0427-170725-0001_gl.pdf
Con este blog o concello de O Vicedo pretende difundir toda a información dispoñible sobre emprego, formación, e outras materias que incidan directa ou indirectamente no emprego.
Engaden un novo epígrafe válido para darse de alta como establecemento adherido para o do bono peixe.
Consultar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250721/AnuncioG0427-170725-0001_gl.pdf
Existen vacantes nos procesos de selección, mediante concurso - oposición, do personal laboral temporal para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de incendios 2025 para os postos de: peón e peón-condutor.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 ou na oficina de emprego de Viveiro.
Están expostas desde o día de hoxe, 16/07/2025, as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é de cinco días hábiles a contar a partir da publicación das bases, polo tanto, comenza mañá día 17 de xullo e remata o día 23 de xullo de 2025. As probas de selección realizaranse o día 28 de xullo de 2025, ás 10:30 horas, na Centro sociocultural xuvenil e da terceira idade do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es
Pinchando no seguinte enlace, pódense consultar os resultados das probas de esforzo para a selección de tódolos membros da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais (xefe de brigada, peón condutor e tres peóns): https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)
ORDE do 1 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI440A).
Máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0762-020725-0001_gl.html
ORDE do 9 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento SI429A)
Máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0762-100725-0001_gl.pdf
RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2025 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes (código de procedemento TU985F)
Máis información
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0256-070725-0001_gl.pdf
Empresa de servizos pesqueros de Celeiro convoca praza de administrativo.
As persoas interesadas en participar no proceso teñen de prazo para presentar solicitudes ata o próximo 15 de xullo de 2025. Para máis información, dirixirse ao correo colegiolugo@economistas.org ou contactar telefónicamente no número 982242005