Desde ES·MAR, queren convidarte a participar no próximo obradoiro formativo “Enfermidades de transmisión alimentaria asociadas a produtos pesqueiros”, dirixido a persoal implicado na cadea de subministración, lonxas, almacenistas, transportistas, plantas de procesado, peixarías, xerentes, manipuladores e responsables de calidade, así coma todo aquela persoa emprendedora que estea interesada.
martes, 19 de agosto de 2025
Obradoiro formativo "Enfermidades de transmisión alimentaria asociadas a produtos pesqueiros"
lunes, 18 de agosto de 2025
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TÉCNICOS/-AS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PAI
Está exposta desde o día de hoxe, 18 de agosto de 2025, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluidos definitiva para a creación dunha bolsa de emprego para técnicos/-as de educación infantil para o PAI.
A proba realizarase o próximo día 21 de agosto de 2025, ás 10:00 h, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do Vicedo (Casa Cultura). R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.
Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +)
martes, 12 de agosto de 2025
LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TÉCNICOS/-AS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PAI
Está exposta desde o día de hoxe, 12 de agosto de 2025, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluidos provisional para a creación dunha bolsa de emprego para técnicos/-as de educación infantil para o PAI.
O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de dous días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 13 e 14 de agosto.
A proba realizarase o próximo día 21 de agosto de 2025, ás 10:00 h, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do Vicedo (Casa Cultura). R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.
Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +)
viernes, 8 de agosto de 2025
Creación bolsa de emprego municipal
No seguinte enlace pódense descargar os modelos de solicitude tanto para persoas desempregadas empadroadas neste concello que buscan traballo como para as empresas que necesitan traballadores: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.5 (taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver tódalas publicacións)
jueves, 7 de agosto de 2025
viernes, 1 de agosto de 2025
Resultados segundas probas esforzo para a selección de peóns e peón condutor para a brigada de incendios forestais
Pinchando no seguinte enlace, pódense consultar os resultados das segundas probas de esforzo para a selección de peóns e peón condutor da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais (xefe de brigada, peón condutor e tres peóns): https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)
TALLERES ES.MAR-AGOSTO 2025

