Ata as 14:00 horas do día 27/11/2009, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a contratación laboral temporal a media xornada dun administrativo e a xornada completa dun: mestre de obradoiro de xardinería, mestre de obradoiro de atención sociosanitaria a persoas no fogar, e mestre de obradoiro de carpintería de madeira.
As bases están expostas nos taboleiros de anuncios do concello de O Vicedo, e do Departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, e nestes mesmos lugares poderán conseguir os anexos de solicitude.
O lugar de presentación será unicamente no rexistro do concello de O Vicedo, ou no rexistro xeral da Delegación Territorial da Xunta de Galicia de Lugo, sito na Ronda da Muralla, 70 (Servizo de promoción do emprego-Escolas Obradoiro).
lunes, 23 de noviembre de 2009
jueves, 19 de noviembre de 2009
II OBRADOIRO DE EMPREGO CONCELLO DO VICEDO
Proximamente porase en funcionamento o “II Obradoiro de Emprego Concello de O Vicedo”, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, no que se formarán a 23 alumnos/-as nas especialidades de XARDINERÍA (8), CARPINTERÍA DE MADEIRA (8) e ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO FOGAR (7).
Neste proxecto mediante o desempeño dun traballo real e remunerado, combínase formación con práctica profesional. A duración será dun ano.
Os alumnos-traballadores deberán cumprir como mínimo os seguintes requisitos:
- Ter vintecinco ou máis anos.
- Estar desempregados e inscrito no Servizo Público de Emprego.
- Estar empadroados no concello de O Vicedo.
Tódolos interesados deberán estar inscritos correctamente na Oficina de emprego de Viveiro. Máis información contactando coa AEDL do concello, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, na Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 15:00 h. ou chamando ó 982590195

jueves, 22 de octubre de 2009
OBRADOIRO DE SOSTENIBILIDADE E AFORRO EN TEMPOS DE CRISE
Organiza o Servizo Galego de Igualdade, dependente da Secretaría Xeral da igualdade da Xunta de Galicia, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller, no concello de O Vicedo, un OBRADOIRO SOBRE "SOSTENIBILIDADE E AFORRO EN TEMPOS DE CRISE". Terá lugar o vindeiro martes, 27 de outubro, ás 10:00 horas na Casa de Cultura de O Vicedo. Está dirixido a mulleres de tódalas idades, e trataranse distintos temas para conseguir os seguintes obxectivos: coñecer as técnicas de aforro familiar para o control dos gastos mensuais, sensibilizar e coñecer técnicas sobre o aforro enerxético e identificar as necesidades e prioridades de compra.
Inscricións no departamento de emprego e desenvolvemento local na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195, ata o luns 26 de outubro.
NOVA PÁXINA DE BÚSQUEDA DE EMPREGO E TRAMITACIÓN DE PRESTACIÓNS
O goberno habilitou unha páxina web para facilitar a búsqueda de emprego e a solicitudes de prestacións e así axilizar e desconxestionar as oficinas de emprego. A dirección da páxina é: http://www.redtrabaja.es
jueves, 15 de octubre de 2009
OBRADOIRO SOBRE "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES"
Organiza o Servizo Galego de Igualdade, dependente da Secretaría Xeral da igualdade da Xunta de Galicia, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller, no concello de O Vicedo, un OBRADOIRO SOBRE "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES". Terá lugar o vindeiro luns, 19 de outubro, ás 10:00 horas na Casa de Cultura de O Vicedo. Está dirixido a mulleres de tódalas idades, e trataranse distintos temas: alimentación, tabaquismo e exercicio físico desde o punto de vista da saúde.
Inscricións no departamento de emprego e desenvolvemento local na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195, ata o venres 16 de outubro.
martes, 15 de septiembre de 2009
AXUDAS PARA TRABALLADORES AUTÓNOMOS
Recentemente publicouse no Boletín Oficial da Provincial as bases do
PROGRAMA DE APOIO AOS AUTÓNOMOS 2009 DO INSTITUTO LUCENSE DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL –INLUDES- , CONSISTENTE EN AXUDAS PARA REACTIVACIÓN ECONÓMICA E CREACIÓN DE EMPREGO.
Beneficiarias: Autónomos/-as que cumpran entre outros os seguintes requisitos:
-Que a data de alta no réxime de autónomos, sexa como mínimo anterior a 31 de decembro de 2008.
-Que a renda neta do solicitante no exercicio 2008, elevada o ano natural, non supere os 7.236,60 euros.
-Ter o domicilio fiscal, social e o centro de traballo na provincia de Lugo.
PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30/09/2009
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez. Tlf.: 982590195.

CURSO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A ENFERMOS DE ALZHEIMER
CONVOCA: Concello de O Vicedo.
SUBVENCIONA: Consellería de Traballo e Benestar. Fondo Social Europeo
LUGAR DE REALIZACIÓN: Casa da cultura de O Vicedo.
HORARIO: De luns a venres, de 08:30 a 14:00 H.
HORAS: 275 H.
DATA PREVISTA DE INICIO: 30 de setembro do 2009.
DATA PREVISTA DE FINALIZACIÓN: 11 de decembro do 2009.
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Casa da Cultura. Tlf.: 982590195, o antes posible.
REQUISITOS: Terán prioridade os desempregados inscritos na oficina de emprego, as vacantes poden ser cubertas con ocupados/-as ata un certo límite.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)