lunes, 13 de marzo de 2017

AXUDAS A TRABALLADORES AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS

Finalidade / Obxectivo
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar, para o ano 2017, os incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Tipos de apoio
Establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva.
Beneficiarios potenciais
1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

3. Non poderán ser beneficiarias as persoas que desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

4. Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran nin os autónomos colaboradores.

5. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Contía das axudas
1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:
i. Primeira persoa traballadora indefinida. A axuda consistirá nunha contía de 5.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada.
ii. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida. A axuda consistirá nunha contía de 6.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada. Estas contías base incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
Deste xeito, as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían:
– Para a primeira persoa traballadora indefinida: 10.000 €.
– Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida: 12.000 €.
2. Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial, as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.
Prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde, ou ata o esgotamento do crédito. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita subvención, ou ata o esgotamento do crédito. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

3. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

AXUDAS PARA NOVAS ALTAS NO RÉXIME ESPECIAL DE AUTÓNOMOS



Finalidade / Obxectivo
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte ós distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e as condicións establecidos nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.
Tipos de apoio
Establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva.
Beneficiarios potenciais
1. Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:

a) Estar inscritas como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación no momento en que se produza a alta no RETA ou en mutualidade de colexio profesional.

b) Ter solicitada a alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

c) Desenvolver fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

d) Non estar inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

e) Non ter percibido subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autó- nomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Este prazo computarase desde a data de notificación de concesión da resolución da anterior subvención.

f) Non ter desenvolvido como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estar de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

3. Quedan excluídos deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

4. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Contía das axudas
Co obxecto de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlles ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese unha contía base de 2.000 € para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias, de acordo co establecido no artigo 18. Esta contía base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
Deste xeito, a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 4.000 €.
Principais obrigas:
- Manter a actividade subvencionada como mínimo de 2 anos.
- Manter a forma xurídica como mínimo 1 ano

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo será contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2017, ou esgotamento do crédito. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

jueves, 9 de marzo de 2017

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun PEÓN DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS, a xornada completa, con adscrición ao servizo de obras e mantemento do concello de O Vicedo, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, a través do programa DEPUEMPREGO, desde o próximo 24 de abril de 2017 ata o 23 de outubro de 2017.


O prazo de inscrición estará aberto desde o día 22 de marzo de 2017 ata as 15:00 horas do día 31 de marzo de 2017. A selección realizarase o día 05 de abril de 2017, a partir das 10:00 h., na Casa Consistorial.


Pódense consultar as bases na seguinte páxina:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/depuemprego.html   (buscar concello de O Vicedo)
 
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

CONVOCATORIA COMPETENCIAS CLAVE



Resolución do 27 de febreiro de 2017 -DOG do 7 de marzo 2017 , da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

OBXECTO:
- Convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.
- Establecer as posibles exencións ás probas de validadción das distintas competencias clave.

COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN:
-Comunicación en língua galega (requerida para todos os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3) EXENTOS OS QUE CUMPRAN OS REQUISITOS DO ANEXO IV.
-Comunicación en língua castelá (requerida para todos os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3)
-Competencia matemática (requerida para todos os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3)
-Comunicación en língua estranxeira inglés (requerida nos certificados de profesionalidade especificados no anexo VI)

VALIDACIÓNS DE COMPETENCIAS CLAVE: establecidas no anexo V.

SOLICITUDE: Anexo I

PRAZO solicitude: do 8 ao 24 de marzo de 2017

Realización das probas: no lugar que determine a Consellería. Se realizará unha proba dunha hora de duración por cada unha das competencias clave convocadas en que se inscribise. 


Máis información:
http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave , ou contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local

OFERTAS DE EMPREGO

Xestor/a de banca para desenvolver a actividade na Mariña de Lugo. FONTE INFOJOBS 04/03/2017 http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

Buscan persona seria y responsable(a ser posible con titulación y experiencia demostrable) para cuidado de matrimonio mayor,el dependiente absoluto. Sería para los fines de semana y los festivos a jornada completa. Interesados enviar mensaje privado. INFO: EMPLEO A MARIÑA.


DEPENDIENTA CON EXPERIENCIA PARA TIENDA CATYCRIS. DEJAR EL CURRICULUM EN LA TIENDA DE XOVE O DE BURELA. INFO: EMPLEO A MARIÑA.  https://es-es.facebook.com/empleoamarinalucense/