martes, 19 de septiembre de 2017
lunes, 18 de septiembre de 2017
OFERTA DE EMPREGO. LIMPADOR/-A
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante
concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/-A, a xornada completa. A data de
inicio prevista é o día 06 de outubro de 2017,e por un período de 6 meses.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 27 de setembro, ás 15:00 horas. A selección realizarase ese mesmo día 28 de setembro de 2017, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
OFERTA DE EMPREGO. AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante
concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial
(30 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do
concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista é o día 06 de outubro, e por
un período de seis meses.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 27 de setembro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 28 de setembro de 2017, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
miércoles, 13 de septiembre de 2017
OFERTA DE EMPREGO
Están aprobadas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun Peón de servizos múltiples e dun/dunha Administrativo/-a, subvencionados ao abeiro do Plan provincial único de cooperación cos concellos 2017, "Programa Depuemprego 2017", da Excma. Deputación de Lugo.
Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
lunes, 11 de septiembre de 2017
OFERTA DE EMPREGO LIMPADOR/-A A MEDIA XORNADA
Están expostas as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/-A, a media xornada. A data de
inicio prevista é o día 28 de setembro de 2017,e por un período de 6 meses.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 20 de setembro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 21 de setembro de 2017, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1
viernes, 8 de septiembre de 2017
SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE INSTALACIÓN DE ASCENSORES E OUTROS DISPOSITIVOS DE ACCESIBILIDADE EN EDIFICIOS DE TIPOLOXÍA RESIDENCIAL COLECTIVA, NAS SÚAS VIVIENDAS DÚPLEX E EN VIVENDAS UNIFAMILIARES, CONVOCADAS PARA O ANO 2017 CON CARÁCTER PLURIANUAL. (DOGA 04/09/2017).
Será subvencionable a instalación
de ascensores, elevadores, salvaescaleiras e demáis dispositivos de
accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas
vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares que carezan deles. NON serán subvencionables as actuacións que se
iniciasen antes da data de presentación da solicitude.
Beneficiarios: comunidades de
persoas propietarias, persoas físicas propietarias únicas de edificios de
vivendas, persoas físicas propietarias dun duplex nun edificio de tipoloxía
residencial colectiva e persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar.
No caso dos duplex exixirasque os ingresos ponderados da unidade de convivencia
do beneficiario non superen 3,5 veces o IPREM.
Gastos subvencionables:
honorarios dos profesionais que intervenían, informes técnicos e certificados
necesarios, gastos derivados da tramitación administrativa e os custos en
equipamentos , materiais, obra civil e man de obra asociada á instalación . No
custo total das obras NON se incluirán os gastos derivados de impostor, taxas e
tributos.
Contía: varía en función do
número de vivendas en caso de edificios e da súa situación:
|
SITUACIÓN
|
TIPOLOXÍA
|
%SUBV.
|
IMPORTE MÁXIMO
|
|
Situadas en ámbitos históricos
e dos camiños de Santiago
|
Vivendas unifamiliares e dúplex
|
60
|
4.500 €
|
|
Edificios tipo residencial
colectiva con 8 ou menos vivendas
|
60
|
35.000 €
|
|
|
Edificios residencial colectiva
con máis de 8 vivendas
|
60
|
28.000 €
|
|
|
Non situadas en ámbitos
históricos e dos camiños de Santiago
|
Vivendas unifamiliares e dúplex
|
60
|
2.500 €
|
|
Edificios tipo residencial
colectiva con 8 ou menos vivendas
|
60
|
25.000 €
|
|
|
Edificios residencial colectiva
con máis de 8 vivendas
|
60
|
18.000 €
|
Solicitudes: presentación electrónica
para as comunidades de propietarios, persoas físicas en papel ou electrónica.
Prazo presentación de solicitudes:
rematará o 2 de novembro de 2017.
Destacar:
-
as solicitudes resolveránse por orde de entrada. - Nos edificios de tipoloxía residencial colectiva con anterioridade á presentación da solicitude haberá que ter o informe de avaliación de edificio subscrito por técnico competente.
Para máis información contactar coa Axente de emprego e
desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

