jueves, 28 de febrero de 2019

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS E DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2018, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos definitiva para a para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo: 
Recordamoslles que as probas de selección para tódolos postos realizarase o próximo día 12 de marzo de 2019, na casa do concello, sita na r/Travesía da Mariña, 57: os dous peóns de mantemento de zonas naturais ás 10:00 horas e o peón de servizos múltiples ás 12:00 horas

miércoles, 27 de febrero de 2019

CURSO USO SEGURO DO MEDICAMENTO-MOVILIZACIÓN E COIDADOS DE PERSOAS DEPENDENTES

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo

DATA E HORA: 22/04/2019, de 16:30 a 20:30 h.

DIRIXIDO A: Pacientes, familiares e coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral

ORGANIZADO POLO CONCELLO DO VICEDO XUNTO COA CONSELLERÍA DE SANIDADE. ESCOLA GALEGA DE CIDADÁNS.

PARA INSCRIBIRSE PODEN CONTACTAR COA AEDL DO CONCELLO DO VICEDO OU FACELO DIRECTAMENTE NO SEGUINTE ENLACE:https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga 

viernes, 22 de febrero de 2019

OFERTA EMPREGO PEÓN RECOLLIDA DE LIXO

Están expostas no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun/dunha peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de seis meses, a xornada completa, sendo a data de inicio prevista o 14 de marzo de 2019.
 
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o día 25 de febreiro de 2019, ata o día 06 de marzo de 2019. A selección realizaráse o próximo día 07 de marzo de 2019, ás 10:00 horas, na casa consistorial.
 
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029. Tamén se poden consultar as bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 18 de febrero de 2019

OBRADOIRO DE INICIACIÓN SOBRE DEMENCIAS E ALZHEIMER

OBRADOIRO ORGANIZADO POLO CONCELLO DO VICEDO EN COLABORACIÓN COA ESCOLA GALEGA DE CIDADÁNS DO SERGAS


CONTIDO: Alzheimer e outras demencias: Definición e clasificación. Síntomas e condutas. Evolución e tratamento. Pautas non farmacolóxicas de intervención en síntomas psicolóxicos e de comportamento.

OBXECTIVOS: Mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, cidadáns en xeral. Proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar. Fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

DESTINATARIOS: Pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadanía en xeral.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN: Día 18 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura do Vicedo.


CAMBIO TRIBUNAL SELECCIÓN AXENTE TIC

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se modifica a composición do tribunal para a selección dun axente TIC, a xornada parcial, como persoal laboral temporal do concello do Vicedo. A data de selección mantense segundo o previsto, terá lugar mañá día 19 de febreiro, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura.
 
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (37 HORAS SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (37 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 07 de  marzo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza hoxe día 18/02/2019 e remata o vindeiro día 27 de febreiro, ás 9:30 horas
. A selección realizarase ese mesmo día 27 de febreiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0