martes, 31 de octubre de 2023

Publicación no BOP das bases para a selección dun Auxiliar administrativo/-a, como funcionario interino, dentro do programa "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023"

No BOP de Lugo do día 31/10/2023 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 8 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde o día 1 de novembro de 2023 ata o día 8 de novembro de 2023.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 30 de octubre de 2023

Corrección erros bases selección persoal docente e administrador para o obradoiro de emprego "Terras do Sor VII"

Está exposta na sede electrónica e taboleiro de anuncios do concello a corrección das bases de selección do persoal docente e administrador para o obradoiro dual de emprego, conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor VII" e subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. 

Para máis información, pode pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

viernes, 27 de octubre de 2023

Bases selección director, docentes e administrador para o obradoiro de emprego "Terras do Sor VII"

Están expostas na sede electrónica e taboleiro de anuncios do concello as bases de selección do director, docentes e administrador para o obradoiro dual de emprego, conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor VII" e subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. 

Para máis información, pode pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

jueves, 26 de octubre de 2023

Oferta de emprego: auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Reforzo do emprego 2023"

Están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscrición será de 8 días naturais contados a partir de dita publicación.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:

 https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  

https://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/reforzo_emprego/listaxe_postos

Datas realización probas obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 2, 3 e 4

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 4 de agosto de 2023 (código de procedemento PL500C).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231026/AnuncioG0655-181023-0001_gl.html