lunes, 19 de noviembre de 2012

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DÚAS AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial, unha para 25 horas/semana e a outra para 19 horas/semana.



Deben cumprirse entre outros os seguintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.


O prazo de inscrición remata o vindeiro día 28 de novembro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.





No hay comentarios: