martes, 27 de noviembre de 2012

PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA PROFESIONAL E OUTRA FORMACIÓN

A Consellería de Traballo e Benestar realiza unha nova convocatoria co fin último de recoñecer a experiencia laboral ou outra formación a través da obtención si procede do correspondente certificado de profesionalidade.


PRINCIPAIS REQUISITOS:

-Posuír nacionalidade española.

- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.

- Ter experiencia laboral ou formación:

* Mínimo 3 anos, con 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel 2 e 3.

* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel 2 e 3.

- Non estar matriculados ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.

 ESPECIALIDADES CONVOCADAS:
_________________________________________________

1.- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO: 989 prazas

2.- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTIUTCIÓNS SOCIAIS: 502 prazas

Esta convocatoria é só para as persoas que estaban en lista de espera (admitidos con menor puntuación) na anterior convocatoria Pódese consultar esta lista nesta mesma páxina web.

Estas persoas non terán que prestar nova solicitude, nin documentación. Só deberán estar atentos á paxina web da Consellería, xa que a partir do 15 de decembro, se publicarán os calendarios para o inicio da fase de asesoramento: lugar, data e hora que lle corresponden a cada persoa. Deberán aboar as taxas segundo se indica na páxina web.
___________________________________________________

3.- CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS: 200 prazas

4.- SERVIZOS PARA O CONTROL DE PRAGAS: 200 prazas

Prazo de inscrición: do 17 de novembro ao 17 de decembro.

Na cualificación de confección e mantemento de artes e aparellos, as persoas que se inscribiron na anterior convocatoria deberán presentar solicitude de inscrición e declaración responsable, pero non terán que achegar a documentación xa presentada.
____________________________________________________

5.- INFORMACIÓN XUVENIL: 100 prazas

6.- SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS: 200 prazas

7.- SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS: 200 prazas   Prazo de inscrición: do 1 ao 31 de marzo de 2013.
_____________________________________________________

Inscricións e máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195

No hay comentarios: