lunes, 10 de junio de 2013

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona persoal para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais para a temporada de verán/2013. A duración do contrato é de tres meses con data de inicio prevista para o 01 de xullo.

Os postos de traballo convocados son:

- 3 PEÓNS DE  PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 PEÓN CONDUCTOR DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 XEFE DE BRIGADA.

Para  os postos de peón e peón-conductor están publicadas as bases de selección e aberto o prazo de inscrición ata o día 18 de xuño, ás 9:30 horas.

A oferta de xefe de brigada tramítase a través da oficina de emprego, polo tanto ademáis de cumplir os requisitos de titulación haberá que estar inscrito como demandante de emprego na oficina de Viveiro.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.





No hay comentarios: