viernes, 30 de mayo de 2014

ASESORAMENTO GRATUITO PARA EMPRESAS



Mañá día 31 de maio remata o prazo para inscribirse no programa DINAMÍZATE da Excma. Deputación provincial de Lugo

O obxectivo é convidar as empresas a seguir innovando no seu negocio a través de boas prácticas de mercado, grazas a un programa novidoso na nosa provincia. Este programa, totalmente gratuíto para as empresas, conta coa colaboración da prestixiosa Fundación da Escola de Organización Industrial e está cofinanciado con fondos europeos.

Con el, as empresas obterán:
1.        Diagnose das necesidades e oportunidades de mellora da súa empresa
2.        Elaboración dun plan para acometer as melloras necesarias
3.        Asesoramento técnico continuo por parte dun equipo de profesionais

En función das necesidades de empresa, tamén poderá personalizalo e escoller entre:
1.        Asesoramento en implantación de novas tecnoloxías, solucións de software, etc.
2.        Asesoramento en xestión comercial, apertura de novos mercados, novos canais de venda, fidelización de clientes, etc.

As empresas poden reservar unha das prazas limitadas neste innovador programa totalmente gratuíto para os participantes da provincia enviando os seus datos persoais a dinamizate@deputacionlugo.com ou no teléfono 982 260 008. Máis información en  www.deputacionlugo.org.



No hay comentarios: