martes, 3 de junio de 2014

CURSO DE COMERCIO ELECTRÓNICO

DIRIXIDO A: empresarias, emprendedoras, agricultoras.

O curso ten unha duración de 250 horas, das cales 200 son online e as 50 restantes serían presenciais, si se consigue un mínimo de xente na aula de informática municipal. O curso é gratuito.

Na primeira parte realizarase a formación de carácter xeral en comercio electrónico e e-marketing, para despois centrarse nos proxectos individuais. O final elixirase un proxecto ao que se lle facilitará de forma gratuita toda a asistencia técnica para a creación dunha plataforma de venda a través de internet.

Este proxecto pode resultar de interese para aqueles negocios que busquen novas formas de venda ou de promoción.

Os interesados deben de inscribirse o longo desta semana, ata o 6 de xuño chamando ao 982590195 ou directamente na aula CEMIT do concello, sita no baixo da Casa da Cultura.

No hay comentarios: