viernes, 11 de septiembre de 2015

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona 2 PEÓNS DE  PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS, para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada de verán/2015. O fin do contrato será o 19 de outubro de 2015, e a incorporación o antes posible.

 Están publicadas as bases de selección para tódalas postos no taboleiro de anuncios do concello e o prazo de inscrición remata o día 15 de setembro, ás 12:00 horas.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.

No hay comentarios: