jueves, 3 de mayo de 2018

SELECCIÓN DE PERSOAL PARA A BRIGADA DE INCENDIOS E CONDUCTORES MOTOBOMBA

Proximamente publícarase no BOP de Lugo o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2018:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-conductor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Conductores motobromba, dous meses e medio a xornada completa.

Cando se abra o prazo de solicitude anunciarase neste blog, na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios.

 Poden consultar as bases de selección pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódolas publicacións)

No hay comentarios: