jueves, 5 de julio de 2018

PROGRAMA DE AXUDAS Á CONTRATACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS


Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e coas condicións que se establecen nesta orde.

Programas.
1.- Programa de bonos de contratación. Liña de axudas para incentivar a contratación indefinida inicial por conta allea:
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que se celebren desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 30 de setembro de 2018 con mulleres desempregadas.

As contratacións realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda 7.000 euros por cada muller desempregada contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 22.

2.- Programa de bonos de formación. Programa de financiamento de accións formativas no centro de traballo.
Esta formación incentivarase cunha axuda de 1.000 euros por cada muller desempregada contratada que a reciba na súa integridade e que cumpra os requisitos establecidos no artigo 22 da presente orde.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberán facer constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante
ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas a partir da entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses desde a data de inicio da relación laboral, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2018.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180627/AnuncioG0424-120618-0001_gl.pdf

No hay comentarios: