lunes, 17 de septiembre de 2018

PROBAS OBTENCIÓN CELGA 2 E CELGA 4

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (ED114A).

Obxecto: convocar probas para a obtención dos certificados Celga 2 e Celga 4 no ano 2018. Ambas se realizarán tanto en Santiago de Compostela coma en Ponferrada, entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro de 2018.
Destinatarias: persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria.
Taxas: 15,93 euros.
Prazo de solicitude: o prazo de solicitude remata o 4 de outubro de 2018.
Máis información: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura do Vicedo. Publicado no DIARIO OFICIAL GALICIA do 14/09/2018.   https://www.xunta.gal/dog

No hay comentarios: