martes, 2 de julio de 2019

SELECCIÓN DUN/DUNHA OPERARIO/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha OPERARIO/A DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, con adscrición ao servizo de obras e mantemento do Concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 03 de xullo e  remata o próximo día 12 de xullo de 2019. Realizándose o proceso de selección o día 15 de xullo, a partir das 10:00 h. na Casa do Concello do Vicedo.


Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/

No hay comentarios: