Ábrese a
convocatoria para a acreditación de competencias profesionais a través da
experiencia laboral nas seguintes áreas:
- Atención
sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas
- Atención
sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225
prazas - Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 150 prazas
- Socorrismo en instalacións acuáticas
(AFD096_2): 150 prazas
- Operacións de
vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio
natural e rural (SEA595_2): 150 prazas
- Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2):
162 prazas, nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2
- Servizos para o
control de pragas (SEA028_2): 47 prazas. Nesta cualificación de Servizos para o
control de pragas non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse as
persoas que quedaron na lista de espera da anterior convocatoria.
O prazo de
inscrición estará aberto desde o día 15 de xaneiro de 2021 ata o día 11 de
febreiro de 2021, ambos incluídos. Para máis información pinche no seguinte
enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0599-281220-0002_gl.html
ou diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario