miércoles, 24 de febrero de 2021

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e (código de procedemento ED534A).DOGA 24/02/2021.

 

Obxecto: convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2021.

A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. 2. Non obstante poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio.

Requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.

Prazo: entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.

Para máis información dirixirse a axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

No hay comentarios: