martes, 25 de enero de 2022

AXUDAS A EMPRESAS PARA A COMPRA DE MAQUINARIA E EQUIPAMENTO QUE DESENVOLVAN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:
    1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural
    2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
    3. Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación

Proxectos Subvencionables:
Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 10.000 € e inferior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.

Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos destinados á:

1) Adquisición de maquinaria e equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos
d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).
e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

2) Posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación da correspondente convocatoria destas axudas, nos mesmos sectores e ámbitos de actividade sinalados na letra a) do punto 1 deste artigo.

Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non estaren iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente ao solicitante, se esta data é anterior. Só no caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, o persoal técnico da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural comprobará que os investimentos non están iniciados mediante a realización dunha acta de non inicio durante a fase de revisión da solicitude de axuda. Se o solicitante desexa iniciar a execución do proxecto antes da realización da citada comprobación, deberá achegar unha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra, instalación ou equipamento.

b) Desenvolvérense no territorio de Galicia. Non obstante o anterior, non serán subvencionables os proxectos que se desenvolvan nas parroquias galegas clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). No caso de proxectos para a posta en marcha de novas actividades nas aldeas modelo declaradas polo órgano de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, os proxectos subvencionables serán aqueles que se desenvolvan no perímetro que conforma a zona de actuación integral de cada unha delas, segundo figura nos correspondentes acordos de declaración.

c) Seren finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os que se lles concedeu a axuda.

d) Seren viables técnica e financeiramente. CVE-DOG: bvbsabl7-6rj1-jmo0-su73-bysj6tscmpd4 DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2022 Páx. 4365 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

 e) Axustárense á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto, así como ás especificacións indicadas nas presentes bases.

f) No caso de proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, o investimento proxectado deberá mellorar o rendemento global da empresa solicitante.



Gastos Subvencionables
Con carácter xeral, serán subvencionables:
Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables

Para calquera dúbida os promotores poden porse en contacto con nós a través do enderezo electrónico: 
infoagader@xunta.gal ou nos teléfonos: 981547382 - 981547369 – 981542690, ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220125/AnuncioO90-301221-0001_gl.pdf



No hay comentarios: