O prazo de presentación comeza o 04/01/2022
Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
Beneficiarios
a) Os titulares ou membros dunha unidade
familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en
ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
b) Os autónomos e as microempresas e pequenas empresas de nova creación (dentro
dos 12 meses anteriores á solicitude da axuda). Non se considera que existe
nova creación nos supostos de cambio de natureza xurídica (de autónomo a
sociedade mercantil unipersoal, por ex.) e se os socios que representen a
maioría do capital social viñeran desenvolvendo a mesma actividade por conta
propia dende antes dos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.
2. Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as
comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de
personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan
ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.
Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a
unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da
Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as
empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura.
Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades nas en que concorra
algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) ou incumpran as
obrigas do artigo 11 da citada lei de subvencións.
Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as
persoas físicas ou xurídicas beneficiarias deste mesmo programa en
convocatorias anteriores.
Sectores incentivables
Con carácter xeral serán subvencionables
as seguintes actividades:
a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da
madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de
segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto
final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos
investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da
Unión Europea (TFUE).
c) Prestación de servizos a empresas en calquera sector económico (agricultura,
silvicultura, sector industrial e de servizos, ...).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas
con discapacidade, granxas-escola...).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación
(TICs), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza
industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
j) No sector da hostalería, exclusivamente a creación de novos restaurantes
situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio
industrial, pallozas, faros
) que fagan uso do produto de proximidade.
Requisitos principales del proyecto
Os proxectos deberán cumprir os seguintes
requisitos:
a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá
presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da
empresa en Galicia.
c) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, ben sexa por conta
propia ou indefinido por conta allea. A creación de emprego considerarase en
unidades UTA. Para estes efectos, considérase (UTA) unha unidade de traballo
anual, nos termos previstos no anexo I do Regulamento 651/2014, e equivale ao
traballo dunha persoa na empresa en cuestión ou por conta da dita empresa a
tempo completo durante todo o ano de que se trate. O traballo das persoas que
non traballan todo o ano, ou traballan a tempo parcial, independentemente da
duración do seu traballo, ou o traballo estacional, computarase como fraccións
de UTA. No caso de creación de emprego a tempo parcial, acumularanse as
fraccións ata acadar a unidade, non computando creacións de emprego por
fraccións UTA restantes.
O plan de negocio que amose a viabilidade da iniciativa, axustarase aos
contidos definidos no formulario electrónico de solicitude de axuda, debendo
referirse exclusivamente a unha única actividade, ao marxe doutras que poida
desenvolver o solicitante.
Cuantía da axuda
A axuda consistirá nunha prima cuxa
contía básica establécese en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un
máximo de 45.000 euros nas seguintes situacións:
a) Creación de emprego indefinido (mínimo 1 emprego UTA). A creación de emprego
debe ser adicional, ademais da man de obra correspondente ao beneficiario da
axuda: 20.000 euros.
b) Ubicación nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións
específicas contempladas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013, e
relacionadas no anexo VI das bases reguladoras: 5.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Máis información: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP436
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220103/AnuncioO92-201221-0004_es.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario