martes, 10 de mayo de 2022

Oferta de emprego: 6 socorristas para traballar en praias de O Vicedo durante o verán 2022

O Concello do Vicedo presentou a correspondente oferta para a contratación de 6 SOCORRISTAS, subvencionados pola Consellería de Emprego e Igualdade, ao abeiro da Orde de 07 de xaneiro de 2022.

Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego, e carecer de ocupación según informe de vida laboral, tanto no momento da selección como no da incorporación.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou directamente coa oficina de emprego. Pode consultar as bases de selección no seguinte enlace:  http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: