lunes, 13 de junio de 2022

Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de xullo de 2022, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 14 e remata o día 23 de xuño de 2022. A selección realizarase o día 27 de xuño de 2022, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  

No hay comentarios: