martes, 3 de octubre de 2023

Subvención en liña subvencionada pola Xunta de Galicia para empresas

A APE Galicia, a asociación de autónomos e pequenas empresas de Galicia, organiza novas formacións en liña para o mes de outubro:

 

-        Marketing básico en medios sociais na contorna rural, en modalidade teleformación 25 horas + 3 horas de aula virtual, total 28 horas.

-        Fomento e promoción do traballo autónomo en economía social, en modalidade teleformación 30 horas + 3 horas de aula virtual, total 33 horas.

 

ü  Son formacións totalmente gratuitas, financiadas pola Xunta de Galicia.

ü  Dirixidas ao colectivo autónomo, responsables de comunicación, persoas emprendedoras, desempregados/as, persoas traballadoras por conta allea…

ü  Horario flexible.

 

Marketing básico en medios sociais na contorna rural.

16 outubro – 27 outubro

Con este curso o alumnado aprenderá sobre comercio electrónico e marketing en Internet e a determinar todos os elementos a ter en conta para xestionar de forma autónoma e responsable unha empresa.

Contidos        

ü  A web 2.0 na empresa.

ü  Crear contidos e conversar en medios sociais.

ü  Escoitar e medir en medios sociais.

ü  A aplicación nas empresas de economía social.

 

Fomento e promoción do traballo autónomo en economía social.

16 outubro – 31 outubro

O obxetivo deste curso é fomentar e potenciar actitudes e valores emprendedores e facilitar a adquisición de coñecementos básicos e estratexias favorables ao emprendemento.

Contidos        

ü  O espíritu emprendedor.

ü  A idea de negocio.

ü  Plan de negocio.

ü  Trámites para o establecemento dun negocio.

ü  Introducción á responsabilidade social empresarial.

 Se estás interesado/a podes inscríbirte en www.apegalicia.gal e recibirás o correo de confirmación da túa inscripción.

Para máis información chamar ao 986891657.

 

No hay comentarios: