lunes, 11 de diciembre de 2023

XORNADA SOBRE EXEMPLOS DE MULLERES EMPRENDEDORAS NA MARIÑA

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo presenta esta xornada para visibilizar a iniciativa emprendedora feminina, de mulleres que viven na costa de Lugo. 

Estas mulleres emprenderon aproveitando o patrimonio familiar, para ofrecer unha alternativa de hospedaxe no rural diferencial que transmita cultura e valores, e tamén aprenderon da xente da zona a forma tradicional de elaboración de produtos do mar para a comercialización de conservas.

Son exemplos da posta en valor das tradicións e o que se facía para autoconsumo nos fogares, convertindo estas actividades nunha alternativa de traballo incorporando a innovación.



Programa e inscricións: https://polosemprendemento.gal/calendar/emprendendo-en-feminino

No hay comentarios: