martes, 9 de enero de 2024

AXUDAS PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

 Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo, cofinanciadas polo Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2024 (código procedemento TR341D)

Persoas Beneficiarias: persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, que cumpran as seguintes condicións:

 -      Estar inscritas como demandantes de emprego e carecer de ocupación efectiva no momento da alta como persoas autónomas.

-      Ter iniciada a actividade con anterioridade a presentación da solicitude de subvención, o non haber estado de alta como autónomo nos tres anos anteriores a publicación desta convocatoria.

-      Estar de alta no imposto de actividades económicas.

-      Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

-      Ter domicilio fiscal en Galicia.

-      No caso liña 2: ser beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo


Hai dous tipos de axuda:

1.- Liña 1: axuda para o inicio da actividade e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma:

-      2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

-      4.000 € para persoas desempregadas incluídas en algúns dos seguintes colectivos:

·         Menores de 30 anos.

·         Desempregadas de longa duración.

·         Desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia.

·         Desempregadas en situación ou risco de exclusión social.

·         Emigrantes retornados.

·         Persoas que teñan a condición de extranxeiras.

·         Maiores de 52 anos.

-      A contía base incrementarase nun 15% (incrementos acumulables; contía máxima posible de 7.000 €):

·         Se a persoa incorporada é unha muller.

·         O centro de traballo (ou o domicilio fiscal) estea situado nun concello rural.

·         Persoas maiores de 45 anos (non aplicable no caso de maiores de 52).

·         Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada ou estranxeira.

·         Persoas trans.

·         Profesións ou oficios en que a muller estea subrepresentada.


2.- Liña 2: axuda para sufragar os gastos de mantemento da actividade, equivalente  a 12 meses da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.


Prazo presentación solicitudes: desde o día 16 de xaneiro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Destacar:

-      Obriga de manter a alta no RETA ou mutualidade durante un tempo mínimo de vinte e catro meses, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade acreditados fidedignamente.

-      Obriga de manter durante o período dun ano a forma xurídica elixida pola cales se lles concederon as subvencións.

 

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240109/AnuncioG0656-291223-0004_gl.html

 


No hay comentarios: