martes, 14 de mayo de 2024

Oferta de emprego: catro peóns de protección do ambiente e espazos naturais para a tempada de verán 2024

 

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello as bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 4 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 17 de xuño e a de finalización o 16 de setembro de 2024.


O prazo de solicitude será de 10 días hábiles a contar a partir do día seguinte ao de publicación das presentes bases. A proba de selección realizarase o día 31 de maio de 2024, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).

 

 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: