martes, 25 de junio de 2024

Oferta de emprego: limpador/-a para cubrir vacacións

 

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  LIMPADOR/-A, para cubrir vacacións, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 15 de xullo de 2024 e ata o fin da substitución

O prazo de inscrición comeza mañá día 26 de xuño de 2024 e remata o 5 de xullo de 2024. A selección realizarase o día 8 de xullo de 2024, a partir das 11:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es

No hay comentarios: