miércoles, 24 de julio de 2024

Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (85,33%)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é de dez días naturais a contar a partir da publicación das bases de selección.

As probas de selección realizaranse o día 8 de agosto de 2024, ás 9:30 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3

No hay comentarios: