martes, 20 de mayo de 2025

OBRADOIRO NOVOS MODELOS DE INNOVACIÓN E COMERCIO

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia a través da iniciativa Conecta Lugo, un obraoiro práctico de traballo dirixido a mellorar o coñecemento sobre como innovar nos sectores de turismo e comercio, así como sobre as diferentes liñas de axuda e apoios públicos para promover a innovación ou a dixitalización nos devanditos sectores.

O taller, de dúas horas de duración, terá lugar en Viveiro (no salón multiusos do Concello), en formato presencial, o próximo día 21 de maio, mércores, en horario de 19:00 a 21:00 horas. Incluirase información sobre axudas do Igape e a Oficina Económica de Galicia destinadas aos sectores de comercio e turismo, apoios da Axencia Galega de Turismo ou presentación de casos de éxito innovador relevantes para estes sectores. Con dinámica grupal. 

A asistencia é gratuíta pero é necesario reservar praza na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN OBRADOIRO INNOVACIÓN COMERCIO & TURISMO VIVEIRO 

No hay comentarios: