martes, 20 de mayo de 2025

ABERTO PRAZO DE ADHESIÓN PARA COMERCIO RETALLISTA AOS BONOS COMERCIA (DESCONTOS PARA GASTAR NOS COMERCIOS MINORISTAS ADHERIDOS)

 OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial

 BONOS ACTIVA COMERCIO:

Cada bono terá un valor de 30 euros, pode ser usado en varios establecementos, e con el poderán obterse descontos:

-Desconto de 5 euros para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 (IVE incluido).

-Desconto de 10 euros en compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 (IVE incluido).

  -Desconto de 15 euros en compras iguais ou superiores a 50 euros (IVE incluido).

COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: os establecementos minoristas interesados poderán solicitado na web http://www.bonosactivacomercio.gal. DESDE O 20 DE MAIO DE 2025 E ATA O 15 DE DECEMBRO DE 2025, ou ata o esgotamento do crédito da última edición convocada.  Principais requisitos para poder adherirse:

-Desenvolver a  súa actividade comercial en Galicia.

- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 11/10/2022 (pinchar no seguinte enlace e ver anexo I: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250519/AnuncioG0767-020525-0001_gl.html )

FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-          Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.

-          Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.

 

OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:

-          Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.

-          Realizar o desconto directo do bono, sin que  o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.

-          Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.

-          Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.

-          Conservar durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.

-          Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=CO301B

No hay comentarios: