TR353C - Axudas á para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos - 2025
Data inicio de solicitude: 27/05/2025
Data remate de solicitude (prazo xeral): 30/09/2025
Obxecto: Esta Orde ten por obxecto publicar a convocatoria das subvencións para a contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para facilitar a persoas mozas menores de 30 anos en situación de desemprego unha primeira experiencia profesional mediante contratos formativos.
Características da axuda:
Serán subvencionables as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de:
- Contratos para a obtención da práctica profesional.
- Contratos de formación en alternancia
Duración mínima de doce meses e a xornada completa.
O período durante o cal se teñen que realizar os contratos formativos para que sexan subvencionables é do 16/10/2024 ata o 15/10/2025.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas e empresas beneficiarias as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social, respectivamente.
Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR353C
No hay comentarios:
Publicar un comentario