viernes, 27 de febrero de 2026

Axudas para fomentar a sustentabilidade dos establecementos expendedores de comidas e bebidas debidamente autorizados no litoral de Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

BENEFICIARIOS

Persoas traballadoras autónomas (RETA ou equivalentes).
As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e as comunidades de bens.
Requisito clave: explotar un establecemento de comidas e bebidas autorizado no litoral galego.

QUE SE SUBVENCIONA


Liña 1. Axudas para fomentar a sustentabilidade dos establecementos expendedores de comidas e bebidas («chiringuitos»).
Serán subvencionables as seguintes actuacións:
a) Instalación de peches compatibles coa lexislación sectorial de costas, solos, paneis e estruturas realizadas con materiais de baixo impacto ambiental, reutilizables ou con certificación ecolóxica.
b) Adquisición de mobiliario sostible: adquisición de mesas, cadeiras, barras e demais elementos fabricados con materiais reciclados, reciclables, biodegradables ou procedentes de madeira certificada de xestión forestal sostible.
c) Instalación de elementos de sombreado e protección solar compatibles coa lexislación sectorial de costas: toldos, pérgolas, paraugas e outros sistemas de sombreado que empreguen tecidos reciclados, naturais ou con tratamentos de eficiencia enerxética que reduzan a radiación e o consumo eléctrico asociado á climatización.
d) Instalación de iluminación eficiente: incorporación de sistemas de iluminación LED ou de baixo consumo, así como dispositivos de control automático que optimicen o uso enerxético.
e) Xestión de residuos: adquisición de colectores diferenciados para a recollida selectiva de residuos, sistemas de compostaxe ou dispositivos que faciliten a redución de plásticos desbotables.
f) Equipamento de aforro de auga e enerxía: instalación de billas con temporizador, sistemas de reutilización de augas grises, paneis solares ou outros dispositivos que contribúan á eficiencia hídrica e enerxética do establecemento.
g) Accesibilidade e adaptación sostible: actuacións que melloren a accesibilidade universal mediante solucións respectuosas coa contorna e que favorezan a integración paisaxística do establecemento.

Liña 2. Proxecto de investimento integral para a adaptación ao prototipo dalgún dos tres «chiringuitos» biosostibles premiados no concurso de ideas da Xunta de Galicia.

IMPORTE SUBVENCIONABLE
• Liña 1:
o          Ata o 50% do investimento
o          Máximo: 10.000 €
• Liña 2:
o          Ata o 70% do investimento
o          Máximo: 20.000 €
En ambos os casos o investimento subvencionable de acordo co disposto nesta orde deberá ser superior a 1.500 euros.

PRAZOS
Do 3 de febreiro de 2026 (12:00 h) ao 4 de maio de 2026 (23:59 h).
Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes.

LUGAR DE SOLICITUDE
Presentación obrigatoria a través https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT975Z&ano=2026&numpub=1&lang=es&c=empresasda sede electrónica da Xunta de Galicia.

OUTROS REQUISITOS

a) Só caberá presentar unha solicitude por establecemento. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
b) A persoa solicitante debe ter a plena dispoñibilidade de explotación dun establecemento.


 



Listas admitidos/excluidos provisionais para a selección de dous peóns de mantemento de zonas naturais, un peón de servizos múltiples e un auxiliar de información turística. Programa Reforzo do emprego 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello (pinchar no + para ver tódalas publicacións), poden verse as resolucións da alcaldía publicadas no día de hoxe, polas que se aproban as listas de admitidos e excluidos provisionais para a para a selección de: DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS,  UN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES E UN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Recordamoslles que as probas de selección para o posto de auxiliar de información turística será o próximo día 12 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo, e as probas de selección para os postos de peóns de mantemento de zonas naturais e peón de servizos múltiples serán o día 17 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, tamén no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo.

Segundo se establece na resolución os excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 2 e 3 de marzo para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda.


miércoles, 25 de febrero de 2026

Lista definitiva de admitidos/excluídos para a selección dun/dunha AXENTE TIC

Publicouse no día de hoxe, 25/02/2026, a lista de admitidos e excluídos definitiva en relación coas bases  publicadas no BOP de Lugo de 06/02/2026, e expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica, para a contratación como funcionario interino, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), para a aula CEMIT.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 02 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo.

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

martes, 24 de febrero de 2026

Xornada para a obtención do certificado dixital e a clave permanente na Casa da Cultura do Vicedo

 A semana que ven, concretamente o martes 3 de marzo pola mañá na Casa da Cultura,  hai unha nova edición destas xornadas onde vos asesoran cos trámites e xestións máis habituais coa administración do estado, resolven dúbidas e o máis importante: Podedes obter alí mesmo o certificado dixital e clave permanente e levalo instalado no móbil ou para instalar no PC. Con este certificado poderedes presentar escritos ou facer trámites online, consultas, etc en calquera administración (por exemplo concellos, Xunta de Galicia, Seguridade social, Facenda, DGT, emprego, Catastro, etc). Tamén poderedes asinar documentos e outros trámites. É unha boa oportunidade xa que normalmente para obter o certificado hai que desprazarse a oficinas de Facenda, etc e aquí levarédelo no momento, xa que veñen os técnicos da subdelegación do goberno aquí.

Para organizar a xornada reservaremos turnos, xa podedes pasar pola Casa da Cultura ou chamar ao 92 59 01 95, serán turnos duns 15 minutos.




jueves, 19 de febrero de 2026

CURSO PESCA & TURISMO GALP A MARIÑA-ORTEGAL_23-27 FEBREIRO BURELA

Datas de celebración: semana do 23 ao 27 de febreiro

Horario: de 16:30-20:30

Lugar: Burela – Confraría de Pescadores

Unha novidade a destacar é que o curso poderá facerse en formato presencial ou online, accedendo por videoconferencia en tempo real, naqueles casos nos que non sexa posible a asistencia física, para o cal deberá achegarse dirección de correo electrónico para poder enviar os enlaces para cada día.

Recordamos que este curso está especialmente pensado para:

  • Persoas que nunca emprenderon.
  • Profesionais que xa fixeron outros cursos pero aínda non deron o paso.
  • Quen ten unha idea de turismo mariñeiro ou pesca-turismo e non sabe por onde comezar.

¿Que ofrece este curso?

  • Formación práctica necesaria para exercer a actividade.
  • Acompañamento personalizado nos primeiros pasos do proxecto.
  • Ferramentas clave para crear un proxecto sólido, seguro e ligado ao territorio.

 Unha oportunidade para converter o teu coñecemento do mar nunha nova saída profesional.

Rogamos a difusión deste evento entre persoas, entidades ou colectivos do sector que poidan estar interesados.

Información e inscripcións:

��Teléfono: 982 56 33 55 / 606 85 85 06

��Correo electrónico: galp.mar.marinaortegal@xunta.gal

 

Lista provisional de admitidos/excluídos para a selección dun/dunha AXENTE TIC

Publicouse no día de hoxe, 19/02/2026, a lista de admitidos e excluídos provisional en relación coas bases  publicadas no BOP de Lugo de 06/02/2026, e expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica, para a contratación como funcionario interino, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), para a aula CEMIT.

O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de dous días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 20 e 23 de febreiro de 2026.

As persoas que non entreguen neste concello a documentación, é decir que a presenten noutros rexistros habilitados, deberán adelantar toda a documentación ao correo electrónico: concello@concellodovicedo.org, dentro do prazo establecido para a subsanación de erros, a parte da súa presentación no rexistro correspondente.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 02 de marzo de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo.

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Data da realización do terceiro exercicio do proceso de selección dun técnico de urbanismo, funcionario de carreira

Publicado no día de hoxe, anuncio coa data da realización do terceiro exercicio, en relación co proceso de selección para dar cobertura a unha praza de técnico de urbanismo do Concello do Vicedo, como funcionario de carreira.

A realización do terceiro exercicio terá lugar o día 25 de febreiro de 2026 ás 10:00 horas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Concello do Vicedo, tendo os aspirantes que presentar documentación identificativa.

Para consultar a lista pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es  (taboleiro anuncios)

Curso de reciclaxe para socorristas

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260216/AnuncioO3C2-060226-0001_gl.html

Curso de salvamento e socorrismo en Cervo

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2026 pola que se convocan seis edicións do curso formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse varios cursos, entre eles o seguinte:

Curso de formación específica de socorrismo e salvamento en instalacións e espazos acuáticos naturais. Lugar de realización: Cervo (Lugo). Datas de realización: 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25, 26 de abril, 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 24, 30 de maio.

Prazo de inscrición: comeza mañá día 20 de febreiro e remata o 2 de marzo de 2026. A asignación das prazas ten en conta a orde de presentación das solicitudes.

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260219/AnuncioO3C2-090226-0001_gl.pdf 

miércoles, 18 de febrero de 2026

Cursos para a obtención da certificación galega de competencias dixitais

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos titorizados en liña con aproveitamento activo e avaliación continua, para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de iniciación.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0177-050226-0001_gl.html 

Axudas a empresas para implantar a igualdade laboral e para o fomento da economía social

ORDE do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0767-301225-0010_gl.pdf

ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0767-130126-0012_gl.html

lunes, 16 de febrero de 2026

Ofertas de emprego varias. Programa de reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

No BOP de Lugo do día 14/02/2026 publícase a convocatoria para a selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, dun PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES e de DOUS PEÓNS MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS , a xornada completa, dentro do programa de reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais  contados a partir do seguinte á publicación das bases no BOP.

Para máis información ou consulta das bases e convocatoria, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo ou pinchar no seguinte aquí  https://concellodovicedo.sedelectronica.es



miércoles, 11 de febrero de 2026

Cursos preparatorios CELGA 2, 3 e 4

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260211/AnuncioG0766-040226-0001_gl.pdf

martes, 10 de febrero de 2026

Ofertas de emprego varias. Programa Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, de DOUS PEÓNS MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e dun PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo. 

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

https://deputacionlugo.gal/temas/emprego/reforzo_emprego2025/listaxe_postos

Cursos en liña en pesca turismo e turismo mariñeiro organizados polos GALP

 Nova oferta de formación complementaria en liña no marco do proxecto Mar e Rías Pesca & Turismo, orientatada a reforzar a capacitación en pesca turismo e turismo mariñeiro.

Esta iniciativa está dirixida tanto ás persoas que desenvolven actividades de pesca turismo ou turismo mariñeiro como a aquelas interesadas en emprender neste ámbito. O obxetivo é fortalecer competencias clave vinculadas á atención ao público e á mellora da experiencia turística asociada ao sector pesqueiro.

A formación estrutúrase en cursos titorizados en liña, cun prazo dun mes para a súa realización unha vez formalizada a inscrición. Ao remate de cada acción formativa, as persoas participantes recibirán un certificado acreditativo de que completaron o curso.

Os cursos irán abrindo progresivamente ao longo de febreiro:

  • Semana do 9 de febreiro: Habilidades sociais e atención ao público.

  • Semana do 16 de febreiro: Atención a persoas con discapacidade.

  • Semana do 23 de febreiro: Inglés para atención turística

As inscricións deberán realizarse a través da web pescaeturismo.gal, na sección Formación → Cursoshttps://formacion.osmaresdabaixura.com/catalogo-cursos/onde se pode consultar a información de cada curso e seleccionar as accións formativas á que apuntarse. 

Esta oferta formativa enmárcase no proxecto de cooperación Mar e Rías Pesca & Turismo, no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra. O proxecto ten como obxectivo estender a todas as comunidades costeiras galegas a promoción das actividades de pesca turismo e turismo mariñeiro dende o propio sector pesqueiro, contribuíndo á diversificación da actividade e á posta en valor do coñecemento e da identidade mariñeira.

 

BONO EMANCÍPATE. ANO 2026. CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE (DOG 10/02/2026)

OBXECTO:

O Bono Emancípate 2026 ofrece unha axuda económica para persoas mozas que alugan ou mercan unha vivenda, co obxectivo de cubrir gastos iniciais da emancipación (non inclúe o pago do aluguer nin o pago do prezo da vivenda). A axuda permite pagar:

- Mobles

- Electrodomésticos

- Utensilios de cociña

- Artigos de baño

- Téxtil de fogar

- Artigos de decoración.

A axuda utilízase a través dunha tarxeta virtual, só en establecementos físicos de Galicia. Non permite compras por internet.

Contía da axuda:

-1.500 € para persoas que aluguen.

-3.000 € para persoas que merquen unha vivenda.

A tarxeta caduca o 31 de decembro de 2026.

BENEFICIARIOS/-AS:

Poden pedir a axuda as persoas que cumpran TODOS estes requisitos:

1.-Ter entre 18 e 35 anos no momento da solicitude da axuda.

2.-Ter nacionalidade española, ou dalgún dos Estados Membros da UE/do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou ter parentesco segundo a normativa de aplicación. No caso de persoas estranxeiras non comunitarias: ter residencia regular en España.

3.- Ter ingresos regulares (ter traballo, ser persoal investigador ou en formación ou percibir unha prestación periódica) Débese demostrar:

Vida laboral mínima: 3 meses nos últimos 6 meses antes da solicitude ou compromiso de ingresos durante 6 meses desde a solicitude.

No caso de ter máis dunha fonte de ingresos sumaranse todas.

4.- Cumprir os límites de ingresos segundo unidade de convivencia.

5.- Ter un contrato de alugueiro ou escritura de compravenda formalizados despois do 30 de abril de 2025 e, en todo caso, antes da data de remate do prazo de solicitudes.

O contrato de alugamento ten que ter unha duración mínima dun ano, e no caso de compravenda a vivenda deberá constiturír a súa residencia habitual e permanente por un prazo de, polo menos, cinco anos, contados desde a data da formalización da escritura pública de compravenda.

6.-Estar empadroada/o na vivenda pola que se solicita a axuda no momento de presentar a solicitude.

7.-Non posuír:

- Outra vivenda en propiedade (agás casos de separación, herdanza sen testamento ou vivenda inaccesible por discapacidade).

- Parentesco ata 2º grao coa persoa arrendadora ou vendedora.

- Participación societaria na empresa arrendadora ou vendedora.

Non ter recibido a axuda do Bono Emancípate 2025.

8.-Estar ao día coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Xunta.

Cada vivenda só pode recibir unha axuda. Se varias persoas conviven e piden a axuda xuntas, repártese a contía entre elas a partes iguais.

solicitudes, Prazo e  lugar de presentación: obrigatorio presentación electrónica, apertura do prazo o próximo 13/02/2026 , ás 09:00 horas. O prazo finaliza o 30/04/2026 20:00, ou con anterioridade co esgotamento do crédito. As solicitudes vanse resolvendo por orde de entrada, con expediente completo.

É necesario indicar teléfono móbil, necesario para activar a tarxeta.

Debe achegarse a seguinte documentación ou indicar se xa se presentou con anterioridade:

-  Representación, no caso de non figurar inscrito no Rexistro de Apoderamentos de Galicia.

-   Contrato de alugueiro ou escritura de compravenda.

-   Documentos que acrediten ingresos (contratos, certificados, prestacións…).

-   Documentación específica se existe separación, discapacidade ou vivenda herdada.

-   Anexos II e III (se hai convivencia ou non se presentou IRPF).

MÁIS INFORMACIÓN: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260210/AnuncioG0766-220126-0001_gl.pdf

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CT501B&ano=2026&numpub=1

Axudas contratación empresa ordinaria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Entidades beneficiarias.- persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea.

Obxecto.- contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e entidades sen ánimo de lucro, especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

Tipos de axuda.- existen distintos tipos de axuda:

1) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

2) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

3) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-discontinuos a un mínimo de 9 meses.

4) Axudas para a adaptación dos postos de traballo de persoas con discapacidade.

5) Transformación en indefinidos dos contratos formativos subvencionados con cargo ao programa da primeira experiencia profesional.

Prazo: con caráter xeral, comenzará o 17/02/2026, ás 9:00 horas, e rematará ás 20:00 horas do 30 de setembro de 2026.

Máis información: contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local ou pinchando nos seguintes enlaces: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260210/AnuncioG0767-130126-0010_gl.html ,   TR342C - Programa de incentivos á contratacion por conta allea. - Sede electrónica - Xunta de Galicia




lunes, 9 de febrero de 2026

Convocatoria de probas por libre para a obtención do bacharel por maiores de vinte anos

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A). 

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260210/AnuncioG0761-300126-0001_gl.pdf

Curso protocolo da Universidade de Santiago de Compostela (Microcredenciais)

Abertas as inscricións ás Microcredenciais en Protocolo da Universidade de Santiago de Compostela con certificación europea, unha proposta formativa innovadora orientada á actualización profesional e ao desenvolvemento de competencias específicas no ámbito do protocolo.

- Microcredencial Universitaria en Protocolo e a IA, Oratoria Dixital e Comunicación Asertiva - 

Microcredencial Universitaria en Protocolo e a IA, Oratoria Dixital e Comunicación Asertiva | Universidade de Santiago  de Compostela

 

- Microcredencial Universitaria en Protocolo e Organización de Eventos Creativos - 

Microcredencial Universitaria en Protocolo e Organización de Eventos Creativos | Universidade de Santiago de Compostela

 

Que son as microcredenciais?

As microcredenciais son formacións breves, certificables e de alta calidade, deseñadas para responder ás necesidades actuais do mercado laboral, cun enfoque práctico e flexible.

Que ofrecen?

  • Formación especializada en protocolo institucional, ceremonial e organización de actos creativos, comunicación asertiva e IA

  • Modalidade flexible (en liña)

  • Certificación oficial da Universidade de Santiago de Compostela e certificación europea

  • Contidos actualizados e aplicables á contorna profesional

  • Dirixido a profesionais, estudantes e persoas interesadas na área

Máis información e inscricións:

Ø https://www.usc.gal/es/estudios/propios/curso-formacion-especifica-microcredencial/20252026/microcredencial-universitaria-protocolo-organizacion-eventos-creativos

Ø https://www.usc.gal/es/estudios/propios/curso-formacion-especifica-microcredencial/20252026/microcredencial-universitaria-protocolo-ia-oratoria-digital-comunicacion-asertiva



Cursos prevención de riscos laborais, nivel básico

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2026 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260209/AnuncioO150-160126-0001_gl.html

viernes, 6 de febrero de 2026

Oferta de emprego: axente TIC para aula CEMIT do Concello do Vicedo

Publicadas no BOP de Lugo de 06/02/2026, e expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación como funcionario interino, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TICa xornada parcial (20 horas/semana), para a aula CEMIT.

O prazo de presentación de solicitudes é de 8 días naturais, contados a partir do seguinte a publicación das bases no BOP.

 Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

jueves, 5 de febrero de 2026

AXUDAS VARIAS PARA EMPREDEDORES E PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS (PROCEDEMENTO TR349F)

OBXECTO: Contratacións, realizadas por persoas traballadoras autónomas ou profesionais, indefinidas iniciais de persoas desempregadas.

TIPOS DE AXUDA:

1.       Bono de contratación, subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

2.       Bono formación (opcional)

PRAZO SOLICITUDE: Próxima apertura o  11/02/2026, terase en conta a orde de entrada ata o esgotamento do crédito.

 

PROGRAMA DE AXUDAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, COFINANCIADAS PARCIALMENTE POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO FSE+GALICIA 2021-2027:

Hai distintos programas:

Programa I. Promoción do Emprego autónomo. Para traballadores autónomos que causen alta entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, e existen dúas liñas de axuda:

Liña 1.- Axuda para apoiar as persoas desempregadas no inicio da actividade e no  mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma, segundo a súa  situación no momento de inicio da actividade laboral, coas seguintes contías:

1.1. 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

1.2. 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos no momento de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente, que non serán acumulables:

a) Persoas menores de 30 anos.

b) Persoas desempregadas de longa duración.

c) Persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia.

d) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

e) Persoas desempregadas que teñan a condición de emigrante retornada.

f) Persoas desempregadas que teñan a condición de estranxeira.

g) Persoas maiores de 52 anos.

1.3. A contía base correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable a letra g) do punto 1.2 deste artigo).

d) Persoas trans.

e) Profesións e oficios en que a muller estea subrepresentada, segundo a definición recollida no artigo 5.11) desta orde e cuxa relación figura na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Estes cinco incrementos son acumulables e, deste xeito, a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 7.000 €.

Liña 2.- Axudas para apoiar o mantemento como traballador autónomo:

-          Axudas equivalente ao custo da cota reducida da Seguridade Social durante os 12 primeiros meses.

-          Axuda adicional para os novos autónomos dos sectores agrícola, gandeiro e silvícola, durante os 12 primeiros e outros 12 meses máis, ata un total de 24 meses.

Programa II. Bono nova oportunidade, destinado a facilitar a volta á actividade económica das persoas traballadoras autónomas que non tiveron éxito no seu anterior intento.

Programa III. Programa bono autónomo, destinado a consolidación de traballadores autónomos que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade, subvencionando os seguintes tipos de investimentos:

• Compra de maquinaria.

• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

• Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

• Compra de utensilios e ferramentas

• Reforma do local ou espazo do negocio.

• Equipamento informático.

• Equipamento de oficina e/ou negocio.

• Rótulos.

• Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes

sociais.

• Deseño de marca

Programa IV. Bono remuda, destinado a evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional.

Programa V. Bono concilia, axudas para promover a conciliación de persoas traballadoras autónomas.

PRAZO SOLICITUDE: Próxima apertura o  11/02/2026, terase en conta a orde de entrada ata o esgotamento do crédito.

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega.

PRAZO SOLICITUDE: Próxima apertura o  09/02/2026, terase en conta a orde de entrada ata o esgotamento do crédito.

MÁIS INFORMACIÓN: Contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando nos seguintes enlaces:

https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/2026/20260204/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&fecha=04/02/2026&compMenu=10102

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR790A&anno=2022&numPubAno=1&lang=es

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR341Q

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341R

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR353D 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=TR349F

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR937A

CURSO PESCA & TURISMO ORGANIZADO POLO GALP A MARIÑA-ORTEGAL


Curso organizado polo GALP A Mariña-Ortegal de formación práctica dirixido a profesionais do mar interesados en diversificar a súa actividade a través do turismo mariñeiro e a pesca turismo, poñendo en valor o seu coñecemento, o seu oficio e o patrimonio mariño-pesqueiro



martes, 3 de febrero de 2026

Axudas a empresas que iniciasen a súa actividade con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2024 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

 Orde do 16 de xaneiro de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede a súa convocatoria para a anualidade 2026 (código procedemento TR880A). DOGA DO 30 DE XANEIRO DE 2026

 Persoas Beneficiarias: traballadores autónomos e pequenas e medianas empresas, incluindo cooperativas e sociedades laboráis, que se encontren de alta e iniciasen a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2024

Que se subvenciona:

Son subvencionables:

-      Equipamento informático.

-      Activos intanxibles.

-      Inversións en eficiencia enerxética.

-      Adquisición de bens de equipo e mobiliario.

-      Reforma e rehabilitación das instalación do local de negocio.

-      Gastos notariales e/ou rexitrales (gasto corrente)

-      Gastos de alquiler de inmobles para a realización da actividade (gasto corrente).

-      Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou bens de equipo de segunda man sempre que se cumplan determinadas condicións.

Os investimentos deberán ser realizados e pagados entre o 01 de xullo de 2025 e a data de presentación da solicitude.

 O importe mínimo das facturas a tener en conta é 300 euros, IVE excluido.

 Existe a obriga de manter os bens un período mínimo de dous anos, ou cinco si son bens inscritibles nun rexistro público, e tamén manter durante dous anos desde a resolución da concesión, a actividade e a forma xurídica.

 Importe: dependerá da cuantía da inversión:

-      Entre 5.000 e 20.000 euros: 55%.

-      Entre 20.001 e 30.000 euros: 50%

-      Entre 30.001 e 60.000 euros: 45%

-      Incremento do 10% no caso de remuda xeracional.

Prazo e lugar presentación solicitudes: iniciase o día 31 de xaneiro 2026 e finaliza o 2 de marzo de 2026. A presentación debe ser obrigatoriamente por medios electrónicos.

Máis información: contactar coa AEDL municipal ou pinchando no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260130/AnuncioG0767-291225-0002_gl.pdf ,  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR880A

miércoles, 21 de enero de 2026

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa.

Están expostas desde o día de hoxe, 21/01/2026, as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é de oito días naturais a contar a partir da publicación das bases, polo tanto, comenza mañá día 22 de xaneiro e remata o día 29 de xaneiro de 2026, ambos inclusive. As probas de selección realizaranse o día 3 de febreiro de 2026, ás 10:00 horas, na casa consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es

martes, 20 de enero de 2026

Publicadas no DOG de hoxe distintas axudas convocadas polo Instituto enerxético de Galicia para empresas e particulares

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P).

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S).


viernes, 16 de enero de 2026

Publicadas no día de hoxe no DOG varias axudas do Instituto galego de promoción económica para empresarios, emprendedores...

Destacamos as seguintes:

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes) para os anos 2026, 2027 e 2028, e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Tícket Innova para o ano 2026, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408K).

RESOLUCIÓN 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia para os anos 2026-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

Enlaces de interese: 

https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2026/20260116/Secciones2_gl.html

https://igape.gal/gl/axudas/ultimas-axudas#ultimas-axudas


Publicada a convocatoria de axudas a emprendedores, empresarios ou entidades interesadas, dos Grupos de Acción local. O GALP A Mariña-Ortegal informa

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal informa da apertura do prazo para a solicitude de axudas destinadas a proxectos enmarcados nas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), correspondentes ao exercicio 2026.

Estas axudas convócanse no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, co obxectivo de impulsar o tecido económico e empresarial do territorio do GALP A Mariña-Ortegal.

Os proxectos seleccionados poderán recibir, con carácter xeral, unha intensidade de axuda de ata o 50 % do gasto subvencionable, en función da puntuación obtida, cun importe máximo de 200.000 euros e, no caso do sector da pesca ata 250.000 euros, dependendo da tipoloxía do proxecto. Estas axudas poderán incrementarse ata o 100 % cando se trate de proxectos de interese colectivo ou beneficiarios colectivos ou iniciativas vinculadas á pesca costeira artesanal.

As iniciativas deberán desenvolverse no ámbito territorial do GALP A Mariña-Ortegal, que comprende os concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo, con independencia da localización  da sede social ou do domicilio fiscal da persoa ou entidade promotora, sempre que sexa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dende o GALP A Mariña-Ortegal destacan que esta nova convocatoria de subvencións supón unha oportunidade para promotores, pequenas empresas, persoas autónomas e entidades sociais, permitindo transformar ideas en proxectos reais capaces de xerar emprego, valor engadido e impacto positivo no territorio costeiro.

O grupo anima a todas as persoas emprendedoras, empresas e entidades interesadas en impulsar novas iniciativas de desenvolvemento a participar e coñecer de primeira man as posibilidades de financiamento para o ano 2026.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes e remata o 16 de febreiro de 2026.

Achegamos ligazóns que poden ser de interese:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260116/AnuncioG0427-091225-0...

https://galp.xunta.gal/.../edlp-galp_a_marinaortegal_.pdf

https://galp.xunta.gal/a-marina-ortegal

Para máis información e asesoramento, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo ou directamente no propio GALP A Mariña-Ortegal: 982563355 ou no correo electrónico  galp.mar.marinaortegal@xunta.gal