viernes, 27 de febrero de 2026

Axudas para fomentar a sustentabilidade dos establecementos expendedores de comidas e bebidas debidamente autorizados no litoral de Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

BENEFICIARIOS

Persoas traballadoras autónomas (RETA ou equivalentes).
As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e as comunidades de bens.
Requisito clave: explotar un establecemento de comidas e bebidas autorizado no litoral galego.

QUE SE SUBVENCIONA


Liña 1. Axudas para fomentar a sustentabilidade dos establecementos expendedores de comidas e bebidas («chiringuitos»).
Serán subvencionables as seguintes actuacións:
a) Instalación de peches compatibles coa lexislación sectorial de costas, solos, paneis e estruturas realizadas con materiais de baixo impacto ambiental, reutilizables ou con certificación ecolóxica.
b) Adquisición de mobiliario sostible: adquisición de mesas, cadeiras, barras e demais elementos fabricados con materiais reciclados, reciclables, biodegradables ou procedentes de madeira certificada de xestión forestal sostible.
c) Instalación de elementos de sombreado e protección solar compatibles coa lexislación sectorial de costas: toldos, pérgolas, paraugas e outros sistemas de sombreado que empreguen tecidos reciclados, naturais ou con tratamentos de eficiencia enerxética que reduzan a radiación e o consumo eléctrico asociado á climatización.
d) Instalación de iluminación eficiente: incorporación de sistemas de iluminación LED ou de baixo consumo, así como dispositivos de control automático que optimicen o uso enerxético.
e) Xestión de residuos: adquisición de colectores diferenciados para a recollida selectiva de residuos, sistemas de compostaxe ou dispositivos que faciliten a redución de plásticos desbotables.
f) Equipamento de aforro de auga e enerxía: instalación de billas con temporizador, sistemas de reutilización de augas grises, paneis solares ou outros dispositivos que contribúan á eficiencia hídrica e enerxética do establecemento.
g) Accesibilidade e adaptación sostible: actuacións que melloren a accesibilidade universal mediante solucións respectuosas coa contorna e que favorezan a integración paisaxística do establecemento.

Liña 2. Proxecto de investimento integral para a adaptación ao prototipo dalgún dos tres «chiringuitos» biosostibles premiados no concurso de ideas da Xunta de Galicia.

IMPORTE SUBVENCIONABLE
• Liña 1:
o          Ata o 50% do investimento
o          Máximo: 10.000 €
• Liña 2:
o          Ata o 70% do investimento
o          Máximo: 20.000 €
En ambos os casos o investimento subvencionable de acordo co disposto nesta orde deberá ser superior a 1.500 euros.

PRAZOS
Do 3 de febreiro de 2026 (12:00 h) ao 4 de maio de 2026 (23:59 h).
Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes.

LUGAR DE SOLICITUDE
Presentación obrigatoria a través https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT975Z&ano=2026&numpub=1&lang=es&c=empresasda sede electrónica da Xunta de Galicia.

OUTROS REQUISITOS

a) Só caberá presentar unha solicitude por establecemento. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
b) A persoa solicitante debe ter a plena dispoñibilidade de explotación dun establecemento.


 



No hay comentarios: