martes, 24 de febrero de 2026

Xornada para a obtención do certificado dixital e a clave permanente na Casa da Cultura do Vicedo

 A semana que ven, concretamente o martes 3 de marzo pola mañá na Casa da Cultura,  hai unha nova edición destas xornadas onde vos asesoran cos trámites e xestións máis habituais coa administración do estado, resolven dúbidas e o máis importante: Podedes obter alí mesmo o certificado dixital e clave permanente e levalo instalado no móbil ou para instalar no PC. Con este certificado poderedes presentar escritos ou facer trámites online, consultas, etc en calquera administración (por exemplo concellos, Xunta de Galicia, Seguridade social, Facenda, DGT, emprego, Catastro, etc). Tamén poderedes asinar documentos e outros trámites. É unha boa oportunidade xa que normalmente para obter o certificado hai que desprazarse a oficinas de Facenda, etc e aquí levarédelo no momento, xa que veñen os técnicos da subdelegación do goberno aquí.

Para organizar a xornada reservaremos turnos, xa podedes pasar pola Casa da Cultura ou chamar ao 92 59 01 95, serán turnos duns 15 minutos.




No hay comentarios: