viernes, 13 de marzo de 2026

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026

BENEFICIARIOS

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado o establecemento turístico para o que se solicita a axuda (tipos de establecementos turísticos: a) os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos; b) os restaurantes incluídos no Grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011).

No caso das empresas, deberán estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (PEME).

QUE SE SUBVENCIONA:

Poderán ser obxecto de subvención,, os seguintes investimentos: 

1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. 

2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.

3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

 4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación. 

5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento. 

6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire. 

7. Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento. O investimento en equipamentos e telefonía móbil non poderá ser superior ao 5 % do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. 

8. Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos. 

9, Servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6 % do investimento neto admitido. 

IMPORTE SUBVENCIONABLE:

Os proxectos poderán acadar unha subvención de ata o 60 % (según a puntuación acadada polos proxectos) sobre o orzamento do investimento subvencionable. O importe máximo da axuda a cada entidade beneficiaria será de 60.000,00 euros. 

PRAZOS E LUGAR DA SOLICITUDE: as solicitudes deberán presentarse de forma electrónica, e o prazo de solicitude é dun mes a contar desde o 13/03/2026.

MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local ou pinchando nos seguintes enlaces: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TU503A

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260312/AnuncioG0256-020326-0001_es.pdf

No hay comentarios: