RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).
OBXETIVO
O obxectivo principal destas axudas é impulsar a dixitalización das pequenas e medianas empresas (pemes), favorecendo a súa competitividade, innovación e adaptación ao novo contorno dixital.
BENEFICIARIOS
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.
QUE SE SUBVENCIONA
Serán subvencionables proxectos como:
• Proxectos de dixitalización empresarial
• Implantación de solucións tecnolóxicas avanzadas
• Mellora e automatización de procesos
• Interconexión dixital e modernización da empresa
Os proxectos serán de carácter individual, desenvolvidos por unha única empresa beneficiaria.
TIPOLOXIA DE PROXECTOS
A convocatoria establece unha clasificación dos proxectos en función do seu importe subvencionable.
Esta clasificación utilízase para o procedemento de concorrencia competitiva, de forma que cada proxecto compite unicamente con outros do mesmo tipo.
Os tipos son os seguintes:
• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable de 12.000 € a menos de 50.000 €
• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €
• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000 €
Esta división non afecta á natureza das actuacións, senón unicamente ao volume do investimento presentado.
IMPORTE SUBVENCIONABLE
A intensidade da axuda varía en función do tipo de gasto subvencionable e do réxime aplicable:
• Investimentos materiais e inmateriais:
• 35% para pequenas empresas
• 25% para medianas empresas
• Outros investimentos materiais e inmateriais:
• 20% para pequenas empresas
• 10% para medianas empresas
• Servizos de consultoría externa:
• ata o 50% para pequenas e medianas empresas
• Licenzas, subscricións e servizos en nube (SaaS):
• ata o 50% para pequenas e medianas empresas
PRAZO E SOLICITUDE
• O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria será dun (1) mes, contado desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e decir o día 11/06/2026, e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun (1) mes.
• Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios.
MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchando no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=IG300C
No hay comentarios:
Publicar un comentario