jueves, 13 de agosto de 2026

Axudas para a adquisición de vivenda do IGVS

 Estas axudas comprenden as seguintes modalidades de adquisición:

– Modalidade A: adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.

– Modalidade B: adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado.

A súa concesión tramítase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria.

Poderán solicitar as axudas obxecto desta convocatoria as persoas que subscribisen con posterioridade ao 15 de outubro de 2025 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda, nos termos previstos nesta resolución.

Tamén poderán solicitar a axuda aquelas persoas ás cales, tendo presentado unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda en calquera das modalidades previstas nesta resolución, ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 , lles fose denegada por esgotamento do crédito. Neste caso, deberán cumprir todos os requisitos sinalados nesta resolución, excepto o referido á data de adquisición da vivenda.


Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260814/AnuncioC3Q2-070826-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI501A

No hay comentarios: