jueves, 24 de octubre de 2013
CURSO DE MONITOR SOCIOCULTURAL
A Casa da Xuventude de Viveiro acolle un curso teórico de monitor sociocultural do 5 de novembro ao 10 de xaneiro. O prazo de inscripción está aberto ata o 30 de outubro e os interesados poden anotarse na web xuventude.net. No propio local e no 982560394 polas tardes.
martes, 15 de octubre de 2013
CURSO DE FORMACIÓN
TALLER: PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARÍA AGRÍCOLA. MANEXO PRÁCTICO DO TRACTOR E OS SEUS APEIROS.
Si necesita axuda para a tramitación das inscricións tamén pode dirixirse a oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura do Vicedo.
Destinatarios: persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso.
Lugar: Viveiro
Modalidade: presencial.
Datas: do 4 de novembro ao 8 de novembro.
Horario: de 18:00 h. a 21:45 h.
Duración: 18 h.
Número de prazas: 15
Presentación das solicitudes ata o 28 de outubro ou no enderezo electrónico: desenvolvementorural.issga@xunta.es
Teléfono de contacto: 981591012
Máis información na web do ISSGA: http://issga.xunta.es/
Si necesita axuda para a tramitación das inscricións tamén pode dirixirse a oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura do Vicedo.
lunes, 14 de octubre de 2013
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao Colexio Público de O Vicedo.
O prazo de inscrición remata ás 09:30 horas, do próximo día 23 de outubro e a selección realizarase a partir dás 10:00 h. do mesmo día.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
lunes, 7 de octubre de 2013
OFERTA DE EMPREGO
Empresa: Grupo Ames Formación
Posto: Asesor Comercial de Formación
"BÚSCANSE COMERCIAIS DE FORMACIÓN PARA A
MARIÑA"
Solicítanse comerciais con experiencia en Formación
Bonificada para mantemento e ampliación de carteira de clientes,
disponibilidade inmediata e capacidade de xestión.
Tfno. 615076525
OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS
Organiza: Concello de O Vicedo e colaboración coa Consellería de Sanidade e a Escola Galega de saúde para cidadáns
Lugar de celebración: Casa da Cultura de O Vicedo.
Data: 27 de novembro de 2013.
Horario: 16:30-20:30 horas.
Coste: gratuito.
Obrigatorio inscribirse en: Casa da Cultura. Oficina Axente
de emprego e desenvolvemento local. Tlf.: 982590195, ou directamente na
seguinte páxina web : http://feweb-fegas.sergas.es/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&pagina=3&bloq=1
Obxectivos: Adquirir coñecementos básicos sobre manexo de
situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos.
Programa:
Atención inicial en situacións de urxencia máis habituais:
-
Cómo chamar ó 061?
-
Asistencia inicial ante un traumatismo: Feridas
e Hemorraxias.
-
Convulsións, crise epiléptica.
-
Dificultade respiratoria: ansiedade, crise
asmática, etc.
-
Dor torácica.
-
Queimaduras: escaldadura
-
Perda de coñecemento: Síncope, coma…
-
Diabete: Hipoglucemia.
-
Reaccións alérxicas.
-
Picaduras, mordeduras.
-
Reanimación cardiopulmonar básica:
atragantamento, recoñecemento dunha PCR.
Dirixido a:
Pacientes, familiares de pacientes, coidadores, cidadáns en xeral.
Impartido por persoal do 061 e entrégase certificado acreditativo ás persoas inscritas que
asistan o obradoiro.
viernes, 4 de octubre de 2013
OFERTA DE EMPREGO DA EMPRESA SEAGA PARA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
Ata o próximo día 31 de outubro está aberto o prazo para actualización de
méritos e novas inscricións nas listas de contratación da empresa pública SEAGA,
que actualmente contrata persoal para as brigadas de extinción de incendios forestais durante o verán. Os
requisitos varían según as categorías e a documentación a presentar
sería, con carácter xeral:
- Fotocopia cotexada do DNI
- Fotocopia cotexada do título esixido para cada categoría.
- Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario da prestación de servizos para a empresa SEAGA.
- Certificado médico (un por categoría).
- Fotocopia cotexada do carné de conducir si é o caso.
- Documentación acreditativa dos méritos.
- Fotocopia cotexada da acreditación do coñecemento da lingua galega.
- Vida laboral actualizada.
- Certificado de empadroamento.
- Si é o caso, copia cotexada da acreditación da minusvalía.
Para máis información e inscricións: axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na casa de cultura. Ou a través da páxina web da empresa seaga: http://www.epseaga.com (apartado ofertas de emprego)
- Fotocopia cotexada do DNI
- Fotocopia cotexada do título esixido para cada categoría.
- Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario da prestación de servizos para a empresa SEAGA.
- Certificado médico (un por categoría).
- Fotocopia cotexada do carné de conducir si é o caso.
- Documentación acreditativa dos méritos.
- Fotocopia cotexada da acreditación do coñecemento da lingua galega.
- Vida laboral actualizada.
- Certificado de empadroamento.
- Si é o caso, copia cotexada da acreditación da minusvalía.
Para máis información e inscricións: axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na casa de cultura. Ou a través da páxina web da empresa seaga: http://www.epseaga.com (apartado ofertas de emprego)
lunes, 23 de septiembre de 2013
BOLSA PARA LICENCIADO OU GRADO EN HISTORIA DO ARTE
CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE UNHA BOLSA FORMATIVA DE PATRIMONIO MATERIAL PARA O SERVIZO DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTÓRICO DA DEPUTACIÓN DE LUGO 2013 – 2014.
Para consultar as bases pinche aquí:
https://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_8747_1.pdf#PAGE=9
Suscribirse a:
Entradas (Atom)