jueves, 22 de enero de 2015

CONVOCATORIA POR LIBRE PARA OBTER O BACHILLER

No enlace que aparece a continuación encontrará información sobre a convocatoria de probas para obter o título de bachiller por libre, para maiores de 20 anos:

http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

O prazo de inscrición estará aberto do 16 ó 27 de febreiro de 2015.

Si necesita axuda para a solicitude ou máis información pode contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura do Vicedo.

CONVOCATORIA PROBAS POR LIBRE PARA OBTER O GRADUADO ESO

Onte publicouse no DOG a Resolución que convoca as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos. Os exames serán o 29 de maio e o 09 setembro de 2015, e os períodos de inscríción para cada unha das convocatorias serán: do 16 ao  27 de marzo de 2015, e do 1 ao 10 de xullo de 2015, respectivamente.


Requisitos para poder participar:
- Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente.
- Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
- Non estaren matriculados de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas (estos poderan pero so en alguns casos) ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
O alumnado de educación secundaria para persoas adultas poderá participar nas probas se presenta a renuncia ao dereito a ser avaliado pola matrícula oficial ante a dirección do centro no que está matriculado.

Pode atopar toda a información relacionada coa proba na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

miércoles, 21 de enero de 2015

PROGRAMACION CURSOS NOVAS TECNOLOXIAS

PROGRAMA INNOVAEMPRESA DA EXCM. DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO
 
Queres saber como as novas tecnoloxías poden contribuír á mellora do teu negocio, empresa, concello ou mesmo ao teu ámbito persoal? Achégate aos nosos centros demostradores e coñécenos.
 
Se es empresa, profesional TIC, emprendedor, se formas parte dun concello ou es cidadán, convidámosche a que coñezas os nosos centros demostradores onde che ensinaremos a utilizar de forma práctica ferramentas e aplicacións tecnolóxicas que che axudarán a:
  • Mellorar a competitividade e eficiencia da túa peme.
  • Optimizar a xestión e relación co cidadán no teu concello
  • Crear e xestionar a túa empresa apostando pola innovación.
  • Utilizar as TIC para mellorar a túa vida persoal.
Se ademais tes dúbidas tecnolóxicas ou necesitas información, ofrecémoste entre outros, servizos de información, análise e asesoramento no uso das TIC para a túa peme. Xestionamos o teu caso de xeito personalizado segundo o teu modelo de negocio, deseñamos un plan de mellora adaptado e acompañámoste na execución deste.
 
Se queres coñecer en detalle o que poden facer por ti, achégate aos nosos centros, nos seguintes enderezos:
 
Lugo: Frey Plácido Lemos, s/n
Viveiro: Avda. Cantarrana 6
Monforte: Escultor Francisco Moure, 17
 
Os horarios son de 10 h a 14 h e 16:30h a 18:30h de luns a venres, e os sábados de 10 h a 14 h.

 
Ademais, nos vindeiros días comezan os primeiros obradoiros TIC adaptados a todos os perfís e públicos.
 
Para cidadáns:
 
Ferramentas de comunicación 2.0 para o cidadán
 
Lugo: 15/01/2015 16:30 – 18:30
Viveiro: 16/01/2015 16:30 – 18:30
Monforte: 19/01/2015 16:30 – 18:30
 
Realiza a túa compra en internet de xeito sinxelo e seguro
 
Lugo: 19/01/2015 16:30 – 18:30
Viveiro: 15/01/2015 16:30 – 18:30
Monforte: 16/01/2015 16:30 – 18:30
 
Para todos os colectivos:
 
Ferramentas de almacenamento na nube.
 
Lugo: 16/01/2015 16:30 – 18:30
Viveiro: 19/01/2015 16:30 – 18:30
Monforte: 15/01/2015 16:30 – 18:30
 

Se estás interesado en inscribirte nestes cursos ou solicitares información adicional, podes contactar a través das seguintes vías: presencialmente nos nos nosos centros ou a través dos correos electrónicos:
 


Mais informacion:
http://innovaempresa2.deputacionlugo.org/descubre-o-que-novas-tecnloxias-poden-facer-por-ti

martes, 20 de enero de 2015

AXUDAS ALQUILER VIVENDA HABITUAL


CONVOCATORIA: RESOLUCIÓN DO 7 DE XANEIRO DO 2015 DA CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS.( DOG nº , do 19 de xaneiro de 2015).



 OBXECTO : Estas axudas ao alugamento de vivendas teñen por obxecto facilitar o acceso e a permanencia  nunha vivenda en réxime de aluguer a persoas físicas con escasos medios económicos,  mediante a concesión de subvencións para afrontar os custos do alugueiro.
 
REQUISITOS : As persoas beneficiarias deberán cumprir as seguintes condicións:
 
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de Arrendamentos Urbanos, en calidade de arrendatario.
 
b) Que a vivenda arrendada ou a arrendar constitúa,  ou vaia a constituír,  a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.
 
c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia que teñan, ou vaian ter, o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de arrendamento, sexan en conxunto inferiores a 3 veces o IPREM.
 
d) Que a renda do contrato de arrendamento non supere os seguintes límites;
 
-  600€ para as vivendas situadas nos concellos de área territorial de Prezo Máximo Superior: A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Pontevedra.
 
- 500€ para as vivendas situadas na zona territorial 1 (concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa)
 
-  400€ para as vivendas situadas no resto de concellos, zona territorial 2.
 
No suposto de que a unidade de convivencia necesitara unha vivenda de maiores dimensións, por ter a condición de familia numerosa ou unha vivenda adaptada por ter un membro con discapacidade, a renda máxima da vivenda poderá acadar os 600 euros mensuais, no caso de estar nun concello da zona territorial 1, e os 500 euros no caso de estar nun concello da zona territorial 2.
 
CONTÍA DAS AXUDAS :O seu importe será do 40% da renda anual que se deba satisfacer polo aluguer da vivenda habitual e permanente, cun límite máximo anual de 2.400 euros por vivenda, o que supón unha axuda mensual máxima de 200 euros. As axudas concederanse por un prazo de doce meses, prorrogables a solicitude da persoa interesada, ata a data de finalización do Plan.
 
PROCEDEMENTO :O procedemento de concesión será en réxime de concorrencia competitiva, o que supón que tódalas solicitudes serán valoradas aos efectos de seleccionar aos beneficiarios das axudas.
 
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 
 
- PRAZO ;  Dende o dia 20 de xaneiro de 2015 ata  19 de febreiro de 2015,ambos os dous incluídos.
Mais informacion:

viernes, 16 de enero de 2015

OFERTA EMPREGO AXENTE TIC



No Boletín oficial da provincia de Lugo do día de hoxe, 16/01/2015,  publicouse o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC, a media xornada, como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e encargado da aula CEMIT.
Poden consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3   (pinchar en emprego público, apartado taboleiro de anuncios).


Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- Copia compulsada do DNI.
- Copia compulsada da titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Copia compulsada da acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de perfeccionamento do galego.
- Acreditación dos méritos en caso de existir, en orixinal ou copia compulsada, de: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos relacionados co posto e outras titulacións relacionadas co posto de traballo.
Si a documentación se presenta directamente no Concello, deben traer os orixinais e xa se lles fan aquí as copias compulsadas.
Si presentan a solicitude noutro rexistro distinto o do propio Concello, ademáis de todo o anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o estipulado nas bases.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia, finaliza o próximo día 26 de xaneiro de 2015.

jueves, 15 de enero de 2015

AXUDAS CONCILIACION DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

No DOG de hoxe convocaronse as seguintes axudas

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

––RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150115/Indice9_gl.pdf

AXUDAS DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR

No DOG de onte a Conselleria do Medio Rural convocou varias axudas para empresas de aproveitamentos forestais e para a constitucion e inicio de actividade de sociedades de fomento forestal (SOFOR), entre outras.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150114/Indice8_gl.pdf