jueves, 21 de noviembre de 2019

Oferta auxiliar de axuda no fogar para cubrir vacacións

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, con carácter de urxencia, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, para cubrir vacacións, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista ao finalizar os trámites do proceso selectivo

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 22 de novembro e remata o 28 de novembro de 2019. A selección realizarase o día 29 de novembro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 19 de noviembre de 2019

Oferta emprego Auxiliar de axuda no fogar. Xornada parcial (22 h./semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (22 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 12 de decembro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de novembro e remata o 29 de novembro de 2019. A selección realizarase o día 02 de decembro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta selección dun/dunha Auxiliar administrativo con adscrición á secretaria-intervención

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, dun/dunha  AUXILIAR ADMINISTRATIVO, a xornada completa, con adscrición á Secretaria-Intervención do concello do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 10 de  decembro, e por un período de tres meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de novembro e remata o 29 de novembro de 2019
. A selección realizarase o día 02 de decembro de 2019, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 15 de noviembre de 2019

Designación membros comisión avaliación para o nomeamento de docentes cursos desempregados

Publicado decreto de designación dos membros da comisión de avaliación, con carácter de urxencia, para o nomeamento dos docentes necesarios para impartir os módulos formativos (incluidos os trasversais), preparación de clases e titorías de dous cursos de Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, subvencionados ao abeiro da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 17 de abril de 2019 (DOG número 86, do 7 de maio de 2019), pola que se establece as bases reguladoras do procedemento TR301K polo que se subvencionan as acción formativas do plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2019-2021, procedéndose mediante a Orde do 17 de abril de 2019 (DOG número 86, do 7 de maio de 2019) a efectuar a 2019 a convocatoria pública de subvencións para os exercicios 2019 e 2020.

Recordarvos que como aparece nas bases da convocatoria, a baremación de méritos e entrevista curricular terá lugar o sexto día natural a contar desde a finalización do prazo de solicitudes, ás 10:00 h. na casa do concello (o sexto día será o 21 de novembro de 2019).
Para máis información pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 11 de noviembre de 2019

Actas selección obradoiro de emprego "Terras do Sor III"

Publicada nos taboleiros de anuncios da entidade, da oficina de emprego e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección de alumnos, director, monitores e administrador do obradoiro de emprego "Terras do Sor III": https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 5 de noviembre de 2019

SELECCIÓN DOCENTES PARA DOUS CURSOS DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS

No PROGRESO de hoxe día 05/11/2019 publícase o anuncio da convocatoria para  proceder ó nomeamento, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso, dos postos de traballo de docentes necesarios para impartir os módulos formativos (incluidos os trasversais), preparación de clases e titorías de dous cursos, un en horario de mañá e outro de tarde, da especialidade de Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, aprobados ao abeiro da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 17 de abril de 2019 (DOG número 86, do 7 de maio de 2019), pola que se establece as bases reguladoras do procedemento TR301K polo que se subvencionan as acción formativas do plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2019-2021, procedéndose mediante a Orde do 17 de abril de 2019 (DOG número 86, do 7 de maio de 2019) a efectuar a 2019 a convocatoria pública de subvencións para os exercicios 2019 e 2020.

prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria nun dos xornais de maior difusión da provincia de Lugo. Polo tanto, comenza mañá día 06/11/2019 e remata o día 15/11/2019.
A presentación de solicitudes poderá realizarse no Rexistro xeral do Concello de Vicedo ou en calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dada o carácter urxente da convocatoria, e para evitar posibles prexuízos para o solicitante, a presentación das instancias por calquera outro medio distinto ao da presentación no Rexistro xeral do Concello de Vicedo, deberá ser comunicada vía fax (número 982590001), ou vía e-mail o seguinte enderezo: concello@concellodovicedo.org

Pode consultar as bases e descargar ás instancias, pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Apartado taboleiro de anuncios)

lunes, 4 de noviembre de 2019

OBRADOIROS DE XERACIÓN DE PROXECTOS DO MAR ORGANIZADOS POLO GALP A MARIÑA-ORTEGAL




Este é o calendario dos obradoiros de xeración de proxectos do mar que se realizarán entre o 5 e o 20 de novembro no territorio, para que poidan difundir e participar nos mesmos. As sesións están organizadas polo GALP A Mariña-Ortegal, dentro do proxecto GOBERMAR, en colaboración cos concellos da zona.



Data de celebración e horario
Hora
Lugar de celebración
Localidade
Martes 5 de novembro
17.00
Local social da casa do concello
CARIÑO
Mércores 6 de novembro
18.00
Auditorio municipal
CEDEIRA
Martes 12 de novembro
18.00
Centro de San Roque
ORTIGUEIRA
Xoves 14 de novembro
18.00
Centro de Formación Ocupacional
BURELA
Martes 19 de novembro
18.00
Sala multiusos da casa do concello
VIVEIRO
Mércores 20 de novembro
18.00
Casa da Xuventude
RIBADEO

Os encontros están dirixidos a empresas do sector, confrarías, asociacións, persoas emprendedoras e público interesado en xeral.

Nos encontros trataranse os seguintes temas:
·       Obxectivos e ideas de negocio con posibilidades de financiamento. Detalle de proxectos produtivos financiados nos últimos 3 anos para o sector.
·       Necesidades que se detectaron no traballo de campo (confrarías, asociacionismo e empresas)
·       Café-debate. Espazo aberto para identificar novas liñas de negocio nas empresas extractivas, transformadoras e comercializadoras.
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través do seguinte correo electrónico: gobermar.marinaortegal@gmail.com