viernes, 17 de abril de 2020

Nota informativa sobre o proceso de selección dun funcionario de carreira para a praza de operario de servizos múltiples

No BOE de 17/04/2020 publicouse o anuncio da convocatoria para a provisión de dita praza, pero o prazo de solicitude que é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio neste boletín, e debido a situación actual e as características do posto, non empezará a contar ata finalizado o estado de alarma decretado polo goberno.


No BOP de Lugo de 2 de marzo de 2020, publicáronse as bases da convocatoria do proceso de selección dun funcionario de carreira, mediante concurso-oposición, para acceder a unha praza vacante de operario de servizos múltiples do concello do Vicedo, poden consultalas no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Apartado taboleiro de anuncios)


Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar (xornada parcial: 8 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (8 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de maio, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é desde o día 18 ata o 28 de abril de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 29 de abril de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 14 de abril de 2020

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral fronte o coronavirus


A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas, autónomos e traballadores unha guía con recomendacións preventivas ante o coronavirus, que ten como finalidade dar pautas para garantir a saúde laboral das persoas traballadoras no reinicio da actividade empresarial e industrial.

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus


Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas: 900 815 600

lunes, 13 de abril de 2020

Oferta de emprego: operario/-a servizos múltiples

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 28 de abril, e cunha duración de seis meses.

O prazo de inscrición queda aberto desde o día 14 de abril e ata ás 9:30 horas do día 23 de abril de 2020. A selección realizarase ese mesmo día 23 de abril, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 7 de abril de 2020

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar (xornada parcial: 10 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (10 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 22 de  abril, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é desde o día 08 ata o 20 de abril de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 21 de abril de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 1 de abril de 2020

INFORMACIÓN PARA EMPRESAS SOBRE AXUDAS E APOIOS RELACIONADAS CO ESTADO DE ALARMA

Na páxina do IGAPE que aparece a continuación podedes encontrar información sobre ERTES, axudas financeiras...así como teléfonos de información relacionados con todos estos temas:

http://www.igape.es/es/

OFERTA DE EMPREGO LIMPADOR/-A A XORNADA COMPLETA

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  LIMPIADOR/A, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 13 de  abril, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o día 01 de abril de 2020 e remata o 06 de abril de 2020. A selección realizarase o día 07 de abril de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0