lunes, 12 de diciembre de 2022

Bases dos procesos selectivos de estabilización do emprego temporal (sistemas concurso e concurso-oposición) convocados polo Concello do Vicedo

Publicadas no BOP de Lugo de hoxe día 12 de decembro de 2022 as bases xerais e específicas que regulan os procesos de estabiliación do emprego temporal (sistema concurso) e as bases pola que se regula o proceso selectivo de estabilización do emprego temporal (sistema concurso-oposición). Tamén poden consultarse: no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo de presentación de solicitudes de momento non está aberto, e será de  vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE

lunes, 5 de diciembre de 2022

Oferta de emprego: peón de recollida de lixo (cubrir vacacións)

 Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO, (cubrir vacacións, coa xornada da persoa a que sustitúe desde o 02 de xaneiro de 2023 ata o 10 de xaneiro de 2023), con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo.

O prazo de inscrición comenza o día 07 de decembro de 2022 e remata o día 16 de decembro de 2022

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (29h./semana)

 

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (29h./semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de xaneiro de 2023 e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza o día 07 de decembro de 2022 e remata o día 16 de decembro de 2022.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

 

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Está exposto o anuncio publicado no BOP de Lugo de data 03/12/2022 e as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de xaneiro de 2023.

O prazo de inscrición comenza ao día seguinte da publicación do antedito anuncio e por un período de oito días naturais. 

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  

viernes, 2 de diciembre de 2022

Axudas para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221202/AnuncioG0256-251122-0002_gl.html

lunes, 28 de noviembre de 2022

Oferta de emprego: limpador/-a para cubrir vacacións

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  LIMPADOR/-A, para cubrir vacacións, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 26 de decembro de 2022

O prazo de inscrición comeza mañá día 29 de novembro de 2022 e remata o 09 de decembro de 2022. A selección realizarase o día 12 de decembro de 2022, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es

viernes, 18 de noviembre de 2022

Acta selección administrativo/-a, como funcionario interino. Subvencionado polo programa Fomento do emprego 2022

Publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección para o nomeamento como funcionario interino dun administrativo, dentro do programa: fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2022, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0