miércoles, 24 de febrero de 2021

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e (código de procedemento ED534A).DOGA 24/02/2021.

 

Obxecto: convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2021.

A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. 2. Non obstante poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio.

Requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.

Prazo: entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.

Para máis información dirixirse a axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

lunes, 22 de febrero de 2021

Oferta emprego: peón recollida de lixo

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  PEÓN RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de marzo, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición iniciase o próximo día 23 de febreiro
 e remata o 04 de marzo de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 5 de marzo de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 17 de febrero de 2021

CURSOS PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS

 RESOLUCIÓN de 11 de febrero de 2021 por la que se convocan cursos de prevención de riesgos laborales, nivel básico, para personal empleado público, trabajador por cuenta ajena o autónomo, empresario y persona con inquietudes en el ámbito de la prevención de riesgos laborales.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210216/AnuncioO150-040221-0001_es.html