lunes, 4 de octubre de 2021

APERTURA LISTAS CONTRATACIÓN SEAGA

 Aberto o prazo para actualización de méritos nas listas do SEAGA e permítese, ademais, a inscrición de novos candidatos.  O PRAZO de inscrición abarcará DENDE O 1 DE OUTUBRO ATA O 2 DE NOVEMBRO INCLUíDOS, nas oficinas de Seaga ou por correo certificado.


     Salvo imprevistos que obriguen a aperturas extraordinarias, é que no ano próximo todos os procesos selectivos de contratación de persoal  temporal para traballos nos encargos recibidos se leven a cabo cos candidatos que se inscriban agora. As categorías previstas son: Arquitecto, Biólogo, Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Licenciado en Dereito, Licenciado en Económicas, Titulado en Ciencias do Mar, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico Forestal, Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, Técnico de Laboratorio, Capataz, Xefe de Brigada, Maquinista-condutor, Peón, Especialista, Peón.


   Os que desexen actualizar méritos só terán que acreditar os méritos de experiencia externa a incorporar (vida laboral e contratos), pois os méritos de Seaga actualízanse de oficio.  Os que desexen inscribirse de novo terán que presentar toda a documentación (DNI, certificado médico, empadroamento, etc...)

  A APERTURA DAS LISTAS NON IMPLICA NECESARIAMENTE QUE HAXA CONTRATACIÓNS NOS PRÓXIMOS MESES, as contratación efectuanse unha vez recibidos encargos que impliquen a necesidade de traballadores desas categorías.

 Toda a información aparecerá publicada na páxina web de Seaga (WWW.EPSEAGA.COM). É importante que os candidatos comproben correctamente a documentación a presentar (aparece claramente detallada nas bases), consulten, e resolvan con tempo calquera incidencia.

Publicados resultados selección alumnos/traballadores obradoiro de emprego Terras do Sor V.

No día de hoxe publicáronse os resultados da selección dos alumnos/traballadores para o obradoiro de emprego "Terras do Sor V".

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

jueves, 30 de septiembre de 2021

Publicados resultados entrevista alumnos/traballadores obradoiro de emprego Terras do Sor V, especialidade de carpintaría e moble

No día de hoxe publícanse os resultados das entrevistas da selección dos alumnos/traballadores para o obradoiro de emprego "Terras do Sor V" para a especialidade de carpintaría e moble.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

Actas selección obradoiro emprego Terras do Sor V

Publicadas as actas de selección do director, monitores e administrador/-a do obradoiro de emprego Terras do Sor V. Nos próximos días publicaranse igualmente as dos alumnos/-as traballadores/-as

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Oferta emprego: selección dun Administrativo/-a, como funcionario interino, dentro do programa "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021"

No BOP de Lugo de hoxe día 30/09/2021 publícanse as bases e a corrección de erros para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.



O prazo de solicitude é de 8 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 1 de outubro de 2021 ata o día 8 de outubro de 2021.


Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop , https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 28 de septiembre de 2021

Corrección erros bases selección administrativo/-a, como funcionario interino. "Programa fomento do emprego 2021"

Publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica corrección de erros das bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Próximamente está previsto que se publique no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  

viernes, 24 de septiembre de 2021

AXUDAS PARA CONCILIACIÓN POR MATERNIDADE OU PATARNIDADE DA TRABALLADORA AUTÓNOMA

 ORDE do 10 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 

   
 Persoas e entidades beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, segundo o anexo I, teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de careceren deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que no prazo dos quince días seguintes ao da súa finalización contraten unha persoa traballadora por conta allea.

   
  2. Tamén serán beneficiarias as sociedades e comunidades de bens que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto ás persoas autónomas societarias.
  

Obxecto
   
  Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral.

     Mediante esta axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

     Tamén se subvencionarán os gastos de gardaría e os de centro ou do servizo de coidado de persoas maiores e/ou dependentes realizados no período subvencionable.

Prazo solicitude:  do 25/09/2021 ao 25/10/2021