lunes, 7 de abril de 2008

AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

Recentemente publicaronse no DOG dúas axudas que facilitarán a conciliación da vida laboral e familiar:

1º.- A Consellería de Traballo concede axudas para as empresas que reincorporen con carácter indefinido a traballadores/-as tras un proceso de maternidade/paternidade (tamén as poden solicitar os traballadores autónomos). Ademáis, concédense axudas para empresas que sustitúan persoas traballadoras en excedencia polo cuidado dun familar ou con reducción de xornada de traballo por motivos familiares. O prazo de solicitude é de dous meses desde que se produza a reincorporación ou contratación, sempre antes do 15 de setembro do 2008, aínda que non transcurriran os dous meses.
2º.- A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar convocou unhas axudas para fomentar a corresponsabilidade dos traballadores que se acollan a reducción de xornada por coidado de fillo/-a menor de tres anos. Poden solicitalas os homes traballadores que se acollan a reducción de xornada. No caso de familias monoparentales, tanto o home como a muller traballadores por conta allea que soliciten a reducción. O prazo de solicitude remata o 31 de agosto do 2008.

No hay comentarios: