No DOG do 4 de xuño de 2014 a Consellería de Traballo e
Benestar convocou as seguintes axudas para a contratación de traballadores por
parte de empresas, independientemente da forma xurídica, inclúense autónomos,
comunidades de bens….
As contratacións realizadas antes do 4 de xuño e que teñen
dereito a subvención, deben solicitala antes do 4 de xullo.
-
Programa de incentivos á contratación
indefinida inicial (Programa CONII)
Subvencionase
a contratación indefinida inicial a tempo completo ou a tempo parcial, incluída
a modalidade de fixo discontinuo, de persoas desempregadas que teñan a consideración
de participantes activos nos programas de fomento de empregabilidade. Existen
unhos colectivos preferentes.
As persoas
deben de contratarse nunha ocupación correspondete coa súa titulación
profesional ou certificado de profesionalidade, agás as persoas que non estén
en posesión de ningunha titulación profesional ou certificado de
profesionalidade
Contratos
realizados entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro do 2014.
-
Programa de incentivos á
transformaicón de contratos temporais en indefinidos (Programa Estabiliza)
Subvencionase a transformación en indefinidos realizadas a
partir do 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014. Só no caso de
microempresas.
Cuantía: ata 2.000 euros. Co límite do 60% do coste salarial
total correspondente a dúas anualidades.
-
Programa de incentivos a contratación
temporal (Programa Inserta)
Subvencionase:
1. Os
contratos de interinidade. Duración mínima de 4 meses. Sempre que se realicen
con persoas desempregadas que teñan a consideración de participante activa nos
programas de fomento da empleabilidade. Cuantía da axuda: 2.000 euros si a
contratación e por 12 meses.
2.
Contratos temporais con persoas desempregadas que estén dentro dos colectivos
en risco de exclusión social. Duración mínima 6 meses. Cuantía: desde 2.500
euros hasta 5.000 en función da duración
Contratos realizados entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de
setembro do 2014.
-
Programa de fomento do contrato para
a formación e aprendizaxe.
Subvencionase
a realización de contratos de formación e aprendizaxe con xóvenes desempregados
maiores de 16 anos e menores de 30 anos que non teñan cualificación profesional
requerida para poder realizar un contrato en prácticas. Duración mínima 1 ano.
Cuantía: ata 1.200 euros, si a xornada de traballo e igual ou
superior o 75% da xornada, si é menos a parte proporcional. Co límite do 60% do
coste salarial total das mensualidades obxecto de subvención.
Contratos realizados entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 30 de
setembro do 2014.
-
Programa de incentivos a contratación
temporal de persoas xóvenes desempregadas menores de 30 anos
Subvencionase a contratación temporal a tempo completo (excepto contrato de
formación e aprendizaxe) con persoas xóvenes desempregadas menores de 30 anos que
nos 3 meses anteriores a data da contratación non tivesen ocupación e que teñan
a consideración de participantes activos nos programas de fomento da
empleabilidade. Duración mínima do contrato: 6 meses.
Cuantía: 200 euros mensuales, máximo 12 mensualidades. Co
límite do 60% do coste salarial total das mensualidades obxecto de subvención.
Contratos realizados entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 30 de
setembro do 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario