jueves, 12 de junio de 2014

AXUDAS A AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS



Beneficiarios:

1º) As persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

2º) Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.



Requisitos:
 1. Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que sexan realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida deberán formalizarse ata o terceiro ano de actividade.
3. Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial, cando na data na que se formalice o contrato polo que se solicita a subvención, non houbese outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratase con carácter indefinido, con anterioridade, a outra persoa traballadora agás que este contrato indefinido se extinguise por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.

4. Serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que, con anterioridade á formalización destes contratos, non se realizasen dúas o máis contratacións indefinidas agás que estes contratos indefinidos anteriores se extinguisen por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.

5. O contrato indefinido inicial para que poida ser obxecto de subvención deberá formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
§  Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran, nin autónomos colaboradores


Contías:
Varian según o colectivo entre os 4.000  e 7.000 euros.


Prazo solicitude:
  • As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data da publicación (12/06/2014) desta orde, poderán presentarse no prazo dun mes contado desde a data de publicación desta orde (ata o 12 de xullo de 2014).
  • No resto dous casos, o último día do mes seguinte o da contratación, en todo caso antes do 30 de setembro de 2014.
  •  
  •  
  • Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo,  ou na seguinte páxina web: http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions

No hay comentarios: