jueves, 12 de junio de 2014

AXUDAS A INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)


Beneficiarios

Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais, que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
  • que sexan empresas de nova creación
  • que sexan viables técnica, económica e financeiramente
  • que xeren emprego estable para persoas desempregadas
  • que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia
  • que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
  • que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e
  • que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
Ademais poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas constituídas e que iniciasen a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos ou autónomas e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego, e non transcorrese máis dun ano dende a notificación da resolución de cualificación, ou de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.

Tipos de axuda

• Subvención á xeración de emprego estable

Os postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os das propias persoas promotoras, ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coas seguintes subvencións:
  • A. 4.000 euros para desempregado en xeral.
  • B. 5.000 euros para mozo desempregado de 30 ou menos anos.
  • C. 5.000 euros para muller desempregada.
  • D. 5.600 euros para moza desempregada de 30 ou menos anos.
  • E. 6.000 euros para persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego, persoa desempregada de longa duración, persoa emigrante retornada, persoa desempregada pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoa desempregada con discapacidade.
Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.
Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 01/10/2013 ata o 30/09/2014.

• Subvención financeira

Redución dos xuros de préstamos necesarios para a creación e posta en marcha das empresas tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible.
Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo.

O importe máximo desta subvención non poderá superar as seguintes contías:
  • A. 4.000 euros para desempregado en xeral.
  • B. 5.000 euros para mozo desempregado de 30 ou menos anos.
  • C. 5.000 euros para muller desempregada.
  • D. 5.600 euros para moza desempregada de 30 ou menos anos.
  • E. 6.000 euros para persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego, persoa desempregada de longa duración, persoa emigrante retornada, persoa desempregada pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoa desempregada con discapacidade.
Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar. (Ver nota informativa sobre a subvención financeira).
Para os efectos do cálculo da contía desta axuda teranse en conta os postos de traballo creados desde o 01/10/2013 ata o 30/09/2014.

• Subvención para formación

Para axudar á persoa promotora ou empresaria na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa, financiarase parcialmente a asistencia a actividades formativas relacionadas coa función xerencial. A contía da subvención será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e das actividades de formación recibidas.

• Subvención para o inicio da actividade
Para o financiamento dos primeiros gastos da actividade poderá concederse unha subvención de ata 2.400 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez. Para a muller e a persoa moza de 30 ou menos anos a contía desta subvención será de ata 3.600 euros. Para a persoa desempregada que esgotase a prestación, persoa desempregada de longa duración, persoa pertencente a colectivos en risco ou en situación de exclusión social, emigrante retornado e a persoa desempregada con discapacidade a contía desta subvención será de ata 4.800 euros.
Serán subvencionables a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade e subministracións.

• Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.

Subvención do 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros, para os promotores que sendo titulares dunha familia teñan fillos menores de tres anos.
Poderán ser beneficiarias as empresas polos promotores que obtendo a subvención á xeración do emprego estable, sexan titulares de familias monoparentais ou na que os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

• Incrementos dos incentivos.

As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 25% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello das provincias de Lugo e Ourense

Prazo de solicitudes
O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2014. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:
  • Subvención á xeración de emprego estable: 2 meses desde a data de alta na Seguridade Social.
  • Subvención financeira: 2 meses desde o inicio da actividade.
  • Subvención para asistencia técnica, subvención para o inicio da actividade e subvención para a conciliación da vida profesional e laboral dos promotores:  no prazo xeral.
  • As solicitudes de axuda á xeración de emprego estable e subvención financeira deste programa polas actuacións realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data de publicación da orde, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a alta na Seguridade Social ou desde o inicio da actividade empresarial, poderán presentarse no prazo de UN MES desde o día seguinte a data de publicación da Orde.

No hay comentarios: